Actividades ao aire libre, exercicio, diversión nun só espazo. Temos algo novo que contarvos en Padrón: damos a benvinda ao novo parque multiaventura de Padrón: Galipark, un espazo de lecer único en Galicia que abre as súas portas grazas ao esforzo da empresa local Pekexogo Animación e Lecer, de Senem Cortizo. Galipark recibiravos nun espazo natural de Agronovo, en Extramundi, nunha superficie de 24.000 metros cadrados (co aparcamento), onde a aventura está asegurada con actividades de terra, auga e aire, incluída a única tirolina iluminada de noite.
O Grupo Scala despide 2015 ao grande. Preparamos un menú espectacular para dicir adeus aos últimos doce meses: ides atopar varios pratos con ingredientes populares galegos, carta de viños coas botellas máis significativas do grupo Scala e festa ata o amencer para comezar pronto trasla última campá do 2015.
O vermú atravesou unha tempada na que quedou no cornecho entre as moitas e exóticas propostas que chegaban á coctelería pero desde fai algún tempo volve para reivindicarse como momento de encontro e campo de experimentación culinaria e o maridaxe. O vello viño aromático, ao que os antigos gregos atribuían propiedades antisépticas, coñece unha época de expansión, con propostas que nacen fóra dos circuítos multinacionais; vermús feitos desde Galicia, con materia prima galega e con vontade internacional, como o vermú St. Petroni, feito a base de albariño sobre leas, que demostrou ser unha excelente opción para a creatividade culinaria da man dos mestres cociñeiros do Asador O'Pazo.
Ao longo do mes de agosto celebrouse na comarca as xornadas de exaltación do pemento de Herbón. Óscar Vidal, o mozo mestre cociñeiro do Asador O'Pazo, participou da festa do xeito que el sabe facer: con sorpresas deliciosas. Esta vez a presentación foi con (máis) xurado do habitual. Xunto aos esixentes clientes atopábanse varios gastrobloggers dispostos a emitir veredicto diante do menú.
Aproxímase setembro e o tempo da colleita e a vendima. Logo de atravesar un dos veráns máis asollados que recordamos, as choivas das últimas semanas foron fundamentais para encarar a recolleita da uva con optimismo. A uva, o seu proceso de selección e recolleita e a elaboración do caldo compoñen un dos rituais máis queridos nas zonas de produción vinícola de Galicia. Hoxe achegámonos á uva albariña e á Denominación de Orixe Rías Baixas.
Este verán de 2015 ten todas as papeletas para alcanzar unha cifra extraordinaria de peregrinos a Compostela. Os datos que imos lendo nos medios de comunicación e que ofrece a Oficina do Peregrino apuntan a que o camiño de Santiago, sobre todo as vías que veñen desde o continente europeo, estase convertendo aos poucos nun referente mundial. Pero dentro da tradición medieval xacobea non sempre recordamos a importancia de Padrón, o porto fluvial do Camiño de Santiago.