No noso grupo atoparás unha proposta gastronómica para cada ocasión: o Restaurante Scala, cun delicioso menú do día e unha relación calidade-prezo inigualable; o Restaurante Brandal, perfecto para ocasións máis formais; e O’Pazo, o noso restaurante cun Sol Repsol para vivir unha auténtica experiencia gourmet. Que che apetece comer? Revisa as nosas cartas!
O noso restaurante Brandal é un espazo pensado para ocasións que requiren un servizo de calidade, como unha comida de empresa ou unha cea especial. Nel recuperamos algúns dos pratos máis emblemáticos da historia do noso Grupo, que se suman a unha carta na que a cociña tradicional galega leva o protagonismo a través dunha coidada selección de carnes premium e dos mellores mariscos das nosas rías. A oferta complétase cunha ampla selección de viños e unha atención coidada.
Proba o noso menú do día, pensado para os que traballan fóra pero queren comer unha boa comida caseira, ou goza dos pratos da nosa carta. Toda a nosa oferta ten un mesmo denominador común: a calidade, as mellores materias primas galegas e unha coidada selección de viños. Dispoñemos, ademais, de múltiples posibilidades para que poidas celebrar un evento nos nosos salóns cun servizo adaptado ás túas necesidades e os mellores profesionais.
En O’Pazo, o noso restaurante recoñecido con dous Sol na prestixiosa guía Repsol e unha Estrela Michelin, o Grupo Scala da un salto cara a unha cociña máis sofisticada. Unha proposta rigorosa e esixente na que os irmáns Vidal, un nos fogóns e outro en sala, poñen toda a súa experiencia ao servizo dun cliente que quere vivir unha auténtica experiencia gourmet pensada e elaborada por e para a brasa. Apetéceche?