A mellor localización para coñecer Galicia
A privilexiada localización do Hotel Scala convértea no lugar ideal para establecer o campamento basee na túa visita a Galicia. Atopámonos en Terras de Iria, en pleno Camiño de Santiago. Estamos a un paso de Padrón, vila medieval que é berce do fenómeno xacobeo e porta de entrada das Rías Baixas, ademais de patria dos famosos pementos de Herbón e o municipio no que faleceu Rosalía de Castro ou naceu Camilo José Cela. Achámonos tamén a escasos quilómetros de Santiago de Compostela, meta do Camiño e cidade Patrimonio da Humanidade. A N-550, que une Santiago con Pontevedra, pasa pola nosa porta, onde tamén se inicia o vial de conexión coa AP-9, a autoestrada que vertebra Galicia de norte a sur. Dispoñemos así mesmo dun amplo aparcadoiro ao dispor dos nosos clientes. Non atoparás un hotel mellor comunicado con tantas opcións próximas para gozar da natureza, o patrimonio e a gastronomía galegas! Benvidos!"
Propoñémosche algunhas rutas con dificultade media-baixa para todo tipo de camiñantes nas que se poden coñecer paraxes naturais moi interesantes: Ruta circular da Cruz de Avelán, Ruta circular de Alto da Paxareira, Ruta circular de Lestrove, Ruta Brañas de Laiño, Ruta de sendeirismo de Rois.
Quads, karts, piragüísmo, rafting, barranquismo, paintball e moitas opcións máis. Consulta cas seguintes empresas:
Galipark Multiaventura. 981 811 707.
Campo de Golf Val de Rois. Con alquiler de todo o necesario para a práctica de golf, tenis e paddle. +34 981 81 08 64
Non podes deixar Padrón sen visitar o seu gran mercado dominical, o máis grande de Galicia. Domingo tras domingo, o Paseo do Espolón e o Campo do Souto que rodea a praza de abastos énchense con máis de seiscentos postos nos que se poden atopar todo tipo de produtos típicos, así como de proximidade e de tempada procedentes das hortas da zona, como froitas e verduras, pan e empanadas, queixos e embutidos… ademais dunha ampla variedade de artigos, como téxtiles, plantas e artesanía. Unha das tradicións máis arraigadas é rematar o percorrido nalgunha das carpas nas que se pode degustar o famoso polbo á feira.
Consulta na Oficina de Turismo de Padrón. Avenida de Compostela, s/n. 646 59 33 19.