Actividades ao aire libre, exercicio, diversión nun só espazo. Temos algo novo que contarvos en Padrón: damos a benvinda ao novo parque multiaventura de Padrón: Galipark, un espazo de lecer único en Galicia que abre as súas portas grazas ao esforzo da empresa local Pekexogo Animación e Lecer, de Senem Cortizo. Galipark recibiravos nun espazo natural de Agronovo, en Extramundi, nunha superficie de 24.000 metros cadrados (co aparcamento), onde a aventura está asegurada con actividades de terra, auga e aire, incluída a única tirolina iluminada de noite.
Malia que leva aberto moi poucos meses, Galipark ha ter unha acolleita excelente e non é para menos vendo o que nos podemos atopar nun fin de semana de aventura: é fácil chegar, ofrece actividades emocionantes tanto dentro das súas instalacións como fóra delas (rafting no Sar, paseos fluviais en kayak, circuítos en quad ao longo dos concellos das Terras de Iria) cafetería-restaurante; vestiarios e baños e o salón múltiple. Conta cunha piscina grande e outra para tirolina ao auga. Ten unha zona de acampada con 120 prazas e foi deseñado pensando na accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Galipark é parte do concello de Padrón, así que tamén se implicaron co noso patrimonio cultural coa organización de visitas a Casa-Museo de Rosalía de Castro, a Fundación Cela ou a propia vila de Padrón, entre outros.
Xa tedes outro motivo máis para visitarnos e coñecer algo máis desta porta romana a Compostela que é as Terras de Iria. Estarémosvos esperando para que recuperedes forzas si aventurádesvos a máis dun día de diversión no Galipark.