Estamos na recta final do ano, 12 meses fantásticos nos que vivimos moi boas experiencias xunto aos nosos clientes. E aínda que o Nadal trae días para descansar e gozar coa familia; no Grupo Hotel Scala xa estamos a traballar para ofrecervos, en Padrón, un 2017 inigualable. Colle o calendario e planifica o 2017 connosco!
O belén artesanal en movemento de Valga, o máis grande de Galicia, atópase a tan só 10 minutos das nosas instalacións. Nel os visitantes poderán atopar, ademais das típicas escenas relixiosas, unha representación dos momentos máis destacados do ano, as tradicións do rural galego e numerosas figuras de personaxes famosos.
O Grupo Hotel Scala quere dar desde Padrón a benvida por todo-lo alto ao novo ano 2017, e para iso preparamos un menú de excepción: os mellores produtos galegos do mar e da terra acompañados dunha selección de viños da nosa Adega Pazo Arretén, e unha gran festa con barra libre que se prolongará ata o amencer.
No restaurante do hotel Scala en Padrón somos moi previsores: xa estamos a organizar as ceas-baile de Nadal para que poidas reservar sitio cos teus amigos e compañeiros de traballo.