Entramos na recta final da gastronomía de Nadal coa celebración de Reis. Malia que xa deixamos atrás os días de comidas máis copiosas e de que o marisco e as carnes sexan os protagonistas na mesa, o día de Reis é a última festa dos Nadais e está dedicada aos máis pequenos da casa. Por esta razón, son os doces e as sobremesas onde poñemos a atención desde a véspera do seis de xaneiro e durante toda a xornada da Epifanía do Señor.
A sobremesa por excelencia do 6 de xaneiro é a coroa das sobremesas da comida de Reis. Aínda hai quen coloca no interior do da bica pequenos premios como brinquedos ou bixutería.
A receita deste clásico é como segue:
A aventura empeza depositando 350 gramos de fariña nun bol para amasar. Faremos un oco no centro onde poñeremos
Empezamos poñendo nun bol grande 350 g de fariña, facemos un oco no centro e nel engadimos o azucre, a levadura disolta en auga morna, o golpe de ron xunto ao leite, a ralladura de laranxa, a auga de azar e a manteiga.
Mesturamos os ingredientes con suavidade engadindo un ovo e un pouco de sal. Cos ingredientes postos, empezamos a amasar.
Mesturamos lixeiramente e engadimos un dos ovos e a miga de sal e amasamos.
Unha vez que obtemos a masa homoxénea, depositámola sobre unha superficie lisa sobre a que espraiaremos un pouco de fariña para que a masa non se pegue. Seguimos dando un amasado ata que a masa adquira unha consistencia máis pegañosa que seca.
Facemos unha bóla coa masa e abrimos un buraco no centro que iremos agrandando aos poucos e con coidado de non estropear a masa.
Unha vez que xa demos esa forma de roscón, colocamos sobre unha bandexa de forno, nun lugar cálido e deixámolo cocer polo menos durante unha hora. Recordámosvos que hai que preaquecer o forno a 200ºC antes de meter o bolo.
Logo desta primeira cocción, retiraremos o roscón do forno para decoralo con ovo batido ?que aplicaremos cunha brocha de cociña-- froita escarchada, améndoas fileteadas e azucre granulado.
Unha vez que o decoremos, o roscón volve ao forno durante 15 ou 20 minutos máis. Cando vexamos a superficie cun ton dourado, retirámolo.
Non sabemos se aos nenos de hoxe en día aínda se lles mete medo co de "se non che portas ben os Reis hanche traer carbón". O que si sabemos é que ese carbón de azucre que se vendía nas pastelerías nesta semana podía ser un rompedentes pero estaba moi bo. Si apetécevos facelo vós mesmos, aquí traémosvos a receita.
Ingredientes
Antes de poñernos a elaborar esta doce imitación de antracita, temos que colocar papel de hornear dentro do molde no que vaiamos cociñar.
Para elaborar a masa, temos que colocar a clara de ovo co mollo de limón e bater ata montalo mentres engadimos o azucre glas aos poucos. Tennos que quedar unha masa moi espesa Si necesitamos, poñemos máis azucre glas ata conseguir esa textura.
Separamos uns 70-100 gramos da masa e engadímoslle o colorante alimentario ata que nos quede moi negra.
Para facer o almíbar, temos que mesturar auga e azucre nunha cazola profunda e levalo a ebulición. O líquido ten que estar máis quente do habitual, así que deixaremos cinco minutos máis desde que empeza a burbullar.
Despois, engadimos a masa negra e removemos ben. Veremos que a mestura subirá, formando unha espuma. Seguimos removendo, a masa volverá baixar e no momento que vaia a subir de novo, envorcamos rapidamente na caixa ou molde que preparamos ao principio.
A masa arrefriará rapidamente e conseguiriamos o noso bloque de carbón para repartir entre todos os amantes das lambonadas.
Foto de johnbojaen