Goza dunha agradable estancia no noso hotel, degusta a mellor gastronomía de Galicia nos nosos restaurantes ou escóllenos para celebrar o día máis importante da túa vida no Pazo Arretén ou ese evento de empresa nalgún dos nosos salóns.
O noso hotel conta 200 habitacións de distintas capacidades e dotadas con todas as comodidades para proporcionarche un descanso satisfactorio e facer da túa estancia toda unha agradable experiencia.
Asador O’Pazo ten como protagonista á brasa e como actores principais unha materia prima moi seleccionada, que nos permite ofrecer aos comensais unha experiencia gastronómica difícil de esquecer.
O noso exclusivo espazo para eventos situado nun escenario único: un belo pazo do século XVI rodeado de viñedos e laranxeiras no que naceu a gran poetisa galega Rosalía de Castro.
Somos especialistas en acoller eventos nos nosos salóns. Tanto se necesitas espazo para unha celebración familiar coma se estás a planear un congreso, temos o que necesitas. Contamos cun gran equipo de profesionais e unha ampla experiencia en organizar e coordinar banquetes e reunións de empresa.
O noso ambiente máis tradicional para os teus eventos familiares ou de empresa, con boas conexións e toda a amplitude que necesitas.
Un espazo perfecto para eventos íntimos nos que gozar dunha oferta gastronómica de calidade premium.
Un espazo perfecto para eventos íntimos nos que gozar dunha oferta gastronómica de calidade premium.
Unha das festas máis tradicionais do Entroido, está a piques de comezar! No Hotel Scala estamos a preparar unha noite única para ti, por iso, o sábado 1 de marzo queremos ofrecerche unha cea especial de Entroido cun menú composto polos pratos de tempada, e con DJ, para facer desta noite unha gran festa. Queres saber máis?
En Brandal tamén queremos ser testemuñas do voso amor. Para iso, este ano preparamos un menú espectacular para chuparse os dedos e facer deste San Valentín unha celebración inesquecible. Estás preparado para descubrir o noso menú especial?
Achégase o día dos namorados e no Hotel Scala xa estamos a traballar para que veñas vivir unha velada única coa túa parella o sábado 15 de febreiro. Como cada ano, ofreceremos unha cea especial cun menú deseñado para a ocasión, pensado para que ti e a túa persoa favorita veñades a vivir unha cita inesquecible co noso Grupo Hotel Scala.
David
Somos dous mesares da Mariña lucence que se nos deu por facer este verán o camiño portugués, visto a cantidade de xente que o ano pasado nos atopamos no francés. Non tiñamos nin idea deste hotel e foi como un respiro. Ese día estábamos cansos e chegamos ao mediodía cun calor de dor. Para nosa sorpresa dimos cunha boa cama e cunha habitación ben limpa a verdade. O mellor foi que logo dunha longa siesta poidemos darnos un chapuzón na piscina e logo nos metimos unha boa homenaxe nun restaurante que está ao lado do hotel que creo que tamén é deles. Tremendo chuletón o do Asador O Pazo.
Antonio
Nuestra impresión ha sido que tienen un lugar agradable para disfrutar de la estancia, nos encantó el enclave y nos sorprendió mucho la maravillosa gastronomía con la que cuentan. Volveremos seguro y lo recomendaremos. Muchas gracias por sus atenciones.
Irene
9,8
Caímos neste hotel por unha boda á que nos convidaron. Fixemos a ceremonia civil nun Pazo precioso rodeado de viñas. Logo o convite foi no Hotel Scala. Abondante e servicio rápido.