O verán é a época do ano por excelencia para facer plans fóra da casa, especialmente se entre eles atópase asistir ás moitas festas populares ou temáticas que se estenden por toda a xeografía galega. Padrón non se queda atrás, e durante todo o mes de xullo é posible gozar de axenda repleta de actividades entre as que destacan a xa tradicional Feira Medieval e as festas do Santiaguiño do Monte. Toma nota e non te perdas ningunha!
Aínda que Padrón é enormemente coñecido por ser capital do último tramo do Camiño Portugués, moitos non saben que é tamén orixe do Xacobeo. Precisamente para poñer en valor os recursos xacobeos da vila e a súa importancia na historia do Camiño naceu a Pedronía, un novo itinerario que permite coñecer un pouco máis da nosa historia. No Grupo Hotel Scala contámosvola e convidámosvos a facervos con esta credencial!
Maio está ao virar a esquina e preséntase en Galicia cargado de días festivos e pontes para gozar… en Padrón e no Grupo Hotel Scala. Dámosvos razóns de peso para vir pois a nosa vila non só é berce da tradición xacobea, os escritores Rosalía de Castro ou Camilo José Cela ou os pementos de Padrón, senón que tamén posúe un notable centro histórico, un interesante Xardín Botánico ou o mercadillo dominical máis grande de Galicia.
Achéganse as vacacións de Semana Santa e o Hotel Scala é unha alternativa ideal para pasar estes días porque Padrón, ademais da tradicional programación relixiosa, vive na Pascua as súas festas grandes con numerosas actividades para todos os públicos e a súa localización privilexiada, a tiro de pedra de Santiago de Compostela e das Rías Baixas, convértena no lugar perfecto para coñecer Galicia.
Os ríos galegos Miño e Ulla son actualmente os únicos en toda España nos que se pesca a lamprea, un peixe pouco evolucionado cuxo orixe se remonta a fai máis de 500 millóns de anos. A pesar de que o seu aspecto non parece moi apetitoso, a lamprea goza de gran fama polo seu exquisito sabor e era xa moi apreciado polos romanos, que encheron Galicia de ‘pesqueiras’ para capturar este manxar. En Padrón conservamos as de Herbón, por detrás do convento franciscano, e moi próximas atópanse tamén as de Pontecesures.
Ademais de ser terra de meigas, Galicia ten paisaxes que deixan sen alento. Se vos gusta tanto como a nós saír camiñar e perdervos pola natureza, chegastes ao post correcto! Preparádevos para tomar notas, porque a continuación ímosvos recomendar os mellores miradoiros da comarca do Sar. Nos vos ides queres perder estas vistas!
Rosalía de Castro é, sen dúbida, a autora máis ilustre da nosa terra e tamén de Galicia. Por iso, todo Padrón se engala e prepara unha infinidade de actividades culturais para render homenaxe á poetisa, que este 24 de febreiro cumpriría 182 anos. No Grupo Hotel Scala tamén estamos fortemente unidos á historia de Rosalía, e por iso queremos convidarvos a gozar connosco dos festexos do seu aniversario e a descubrir un pouquiño máis do noso Pazo Arretén, o lugar no que naceu. Non cho perdas!
Parece que algún de nós aínda se está a recuperar da resaca de fin de ano, pero todo festeiro xa sabe que esta mesma sana festexando outra vez. Carnaval, carnaval... Carnaval ¡te quiero! Soan xa na túa cabeza a batucada e as trompetas das comparsas? No Hotel Scala estamos máis que preparados para celebrar convosco a data máis divertida do ano. Valo perder?
2019 xa está aquí! Coa entrada do novo ano somos moitos os que prometemos comer máis saudable e ben, pasar máis tempo coa nosa familia e, como non, viaxar máis. No Hotel Scala queremos axudarte a que leves estes propósitos a cabo da mellor maneira posible. Así que tranquilo, non tes que tolear buscando os ocos libres no calendario, nós xa nos encargamos de organizalo todo. Bótalle un ollo ao almanaque de festividades de 2019 e comeza a preparar as túas vacacións!