“Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos”
Sonache? Rosalía de Castro é, sen dúbida, a autora máis ilustre da nosa terra e tamén de Galicia. Por iso, todo Padrón se engala e prepara unha infinidade de actividades culturais para render homenaxe á poetisa, que este 24 de febreiro cumpriría 182 anos. No Grupo Hotel Scala tamén estamos fortemente unidos á historia de Rosalía, e por iso queremos convidarvos a gozar connosco dos festexos do seu aniversario e a descubrir un pouquiño máis do noso Pazo Arretén, o lugar no que naceu. Non cho perdas!
Padrón, vila Rosaliana por excelencia
Aínda que Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro, en Padrón pensamos que para homenaxear a súa vida e a súa obra un só día non é suficiente. Por iso, durante todo o mes a Biblioteca Municipal pon en marcha unha mostra bibliográfica da autora, que permitirá aos usuarios gozar dunha selección das súas mellores obras. Para aqueles que dispoñan de menos tempo pero tamén queiran achegarse ao seu poemario, os pasos de peóns de Padrón estarán decorarado con algúns dos versos da autora, e durante toda a semana os locais de hostalería repartirán fragmentos dos seus poemas na iniciativa "Café con verso". Non hai escusa!
Unha fin de semana de actividades
O venres 22 comeza o prato forte das celebracións cunha ofrenda floral na estatua de Rosalía de Castro do Paseo do Espolón, na que participarán alumnos dos centros de ensino da zona e a asociación folclórica que leva o nome da poetisa. Tras iso, dará comezo un pasacalles con música e un cabezudo de Rosalía que chegará ata o Auditorio Municipal, onde haberá un recital poético dos alumnos dos institutos da vila e unha actuación da pandereteira Ana Fernandez e o gaiteiro Cristian Silva.
Xa pola tarde, os máis pequenos gozarán dun contacontos de Rosalía no parque infantil: a literatura non entende de idades! O día non acaba aquí, e é que ás 20.00 tedes unha cita no Auditorio municipal de Padrón para gozar de máis interpretacións poéticas e musicais, así como da presentación do libro de poesía gañador do IV certame poético Rosalía de Castro e o visionado do vídeo “caldo de Gloria”.
24 de febreiro, o día grande
A data culmen desta festividade será o 24 de febreiro, día no que, hai xa 182 anos, Rosalía de Castro chegou ao mundo. Por este motivo, gaiteiros e músicos de toda Galicia sairán á rúa pola mañá para interpretar Alborada para Rosalía de Castro. Máis tarde, a Casa de Rosalía acollerá a actuación musical Canto D’Aquí e a elaboración do “Caldo de Gloria”, do que a poetisa falou no famoso poema " Miña casiña, meu lareira" e que preparará a escritora Ledicia Costas nun acto aberto ao público ás 19.00 h.
Ademais, durante todo o fin de semana moitos locais de hostería padroneses estarán a servir con cada consumición esta elaboración, unha homenaxe de Rosalía de Castro aos máis humildes. Se non queredes perderoslo baixo ningunha circunstancia, deixámosvos a lista dos que participantes aquí.
O noso Pazo Arretén, o lugar que viu nacer a Rosalía
Como xa vos contamos, no Grupo Hotel Scala temos a honra de ocupar o espazo no que naceu a gran autora galega: o Pazo de Arretén, un dos palacios máis importantes da literatura galega e española.
O pazo levantouse no século XVI por unha dos clans fidalgas máis coñecidas da comunidade, os Bermúdez de Castro, a familia materna de Rosalía. Neste pareje único e rodeando os seus impoñentes muros de pedra sitúanse hoxe as viñas da nosa adega.
En homenaxe á autora e á historia do pazo, o noso grupo ofrece a posibilidade de facer unha visita guiada en varios idiomas, previa reserva e para un grupo mínimo de 20 persoas, que inclúe unha cata de viño e unha selección de petiscos fríos.
Ocórresevos un mellor plan para celebrar o Día de Rosalía? Esperamos vosas reservas no teléfono 981 811 312!