Os ríos galegos Miño e Ulla son actualmente os únicos en toda España nos que se pesca a lamprea, un peixe pouco evolucionado cuxo orixe se remonta a fai máis de 500 millóns de anos. A pesar de que o seu aspecto non parece moi apetitoso, a lamprea goza de gran fama polo seu exquisito sabor e era xa moi apreciado polos romanos, que encheron Galicia de ‘pesqueiras’ para capturar este manxar. En Padrón conservamos as de Herbón, por detrás do convento franciscano, e moi próximas atópanse tamén as de Pontecesures.
Entre xaneiro e abril ábrese a tempada de pesca da lamprea e é cando os amantes deste peculiar peixe sentan á mesa para gozar das moitas formas de preparación, sendo á bordelesa e en empanada as máis comúns. Ambas poderán degustarse no restaurante do Hotel Scala, que un ano máis ofrecerá unha selección de pratos coa lamprea como ingrediente principal.
V Xornadas Gastronómicas da Lamprea
Nesta ocasión, o restaurante do Hotel Scala súmase ás V Xornadas Gastronómicas da Lamprea organizadas polo Concello de Padrón. Estas xornadas celebraranse as dúas últimas fins de semana de marzo e contan cun amplo programa de actividades, que comprenden, ademais dos menús de lamprea en varios establecementos, outras actividades divulgativas e lúdicas como un taller de cociña, unha ruta polas pesqueiras de Herbón ou un concurso de empanadas.
'Menú lampreeiro'
O menú que, no marco das V Xornadas Gastronómicas dá Lamprea, ofrecerá o restaurante do Hotel Scala do 22 ao 24 e do 29 ao 31 de marzo é o seguinte:
-Un primeiro prato a elixir entre:
-Un segundo prato a elixir entre:
-E unha sobremesa para elixir.
O prezo do menú é de 30 euros e inclúe bebida (viños da casa ou auga) e café.
Non te quedes sen probar as nosas estupendas receitas de lamprea. Lembra que é necesario reservar. Chámanos ao número de teléfono 981 811 312.