O 14 de febreiro é un día especial para todos aqueles que estean namorados. No Grupo Hotel Scala sabémolo e, por iso, queremos poñercho fácil para que sorprendas á túa parella cunha fin de semana romántica que non esquecerá. Toma nota e vén celebrar San Valentín no noso hotel!
Escapada para dous
Este ano o día dos namorados cae en xoves, polo que unha boa idea é coller uns días libres e gozar dunha escapada só para dous. Adicar tempo de calidade o un ao outro é fundamental para que unha parella funcione, e que mellor xeito de facelo que compartindo unha cea de conto nos salóns do noso Asador O'Pazo? A noite do 14 de febreiro, as portas do asador ábrense para ofrecer ás parexas a posibilidade de darse un capricho degustando o menú Rescaldo cun maridaxe especial. Que ben soa, non é certo?
Paseo romántico á beira do Ulla
Se o que buscas é desconectar e gozar da vosa parella deixando a un lado o estrés do día a día, sen dúbida recomendámosvos un paseo á marxe do río Ulla. A área recreativa de O Xirimbao, no coto salmonero de Couso que se atopa a tan só uns kilómetros en coche do noso hotel, é un lugar perfecto para comezar este paseo. Despois de recorrer os sendeiros que zigzaguean entre as augas e as árbores centenarias do lugar, non olvidedes collervos da man e cruzar a famosa ponte colgante, unha das máis longas e impresionantes de Galicia, que estará abierta ao público desde o 1 de febreiro. As magnificas vistas das pesqueiras e do contorno natural do Ulla deixaranvos sen respiración!
Cea de gala no Hotel Scala
Por suposto, nunha data tan especial o noso hotel non podía fallar, e por iso temos preparada unha cea de gala á altura da ocasión para o sábado 16 de febreiro. Por tan só 40€ por persoa, poderedes gozar dun apaixoante menú romántico composto polos seguintes platos:
O menú tamén inclúe a adega (albariño Pazo Arretén e mencía D'Eli, auga e refrescos), café e cava.
Pero ademáis, despois de posar no noso photocall romántico, de gozar e de bailar na nosa pista coa estupenda música en directo, aquelas persoas que se hospeden no hotel poderán gozar dunha oferta moi especial: cea, aloxamento en habitación dobre e almorzo buffet, por só 70€ por persoa.
Ocórreseche un mellor plan para gozar San Valentín coa túa parella? Chama xa ao 981 811 312 e reserva con nós a túa escapada romántica en Padrón: gozaredes como nunca!