Parece que algún de nós aínda se está a recuperar da resaca de fin de ano, pero todo festeiro xa sabe que esta mesma sana festexando outra vez. Carnaval, carnaval... Carnaval ¡te quiero! Soan xa na túa cabeza a batucada e as trompetas das comparsas? No Hotel Scala estamos máis que preparados para celebrar convosco a data máis divertida do ano. Valo perder?
O Entroido, é a festa que máis explota a nosa gastronomía. En Galicia gústanos comer, e ben. O cocido galego, o lacón con grelos, a empanada e de postre, como non, as filloas e as orellas, son os pratos estrella do entroido. Como sabemos o que é bo, no Hotel Scala temos preparada unha cea espectacular, o sábado 2 de marzo, para que veñades cos vosos disfraces a gozar con quen vos apeteza.
O primeiro dos nosos menús inclúe de entrantes:
O prato principal, maridado cos nosos excelentes viños da adega pode ser:
E como postre, non podían faltar:
Todo isto, por só 40 euros por persoa. A noite do sábado é xove, así que trala cea, no precio inclúese a barra libre e a festa amenizada por un dúo musical. Se che apetece quedar e caer rendido, tras bailar toda a noite nunha das nosas cómodas camas, propoñémoste unha oferta irresistible: por 70 euros por persoa tes incluída a cena, a estancia e o almorzo do día seguinte. Aínda non tes ganas marchar para casa? Non te preocupes, o domingo día 3 cociñamos para ti e o prezo non é máis que 13 euros por persoa!
Non nos esquecemos dos máis exquisitos, por iso, por un módico prezo de 50 euros por persoa, presentámosvos o menú número 2. Con el poderedes gozar dos seguintes entrantes, ademáis de todo o anterior:
Que vos parece se ademáis de gozar a velada nocturna, vos quedades a durmir, vos despertades con calma o domingo e baixades á nosa cafetería a comer un riquísimo almorzo? Son só 80 euros por persoa.
Nós non podemos esperar máis e xa estamos a preparar os nosos disfraces. Reserva xa e vémonos pronto no Hotel Scala.