O verán é a época do ano por excelencia para facer plans fóra da casa, especialmente se entre eles atópase asistir ás moitas festas populares ou temáticas que se estenden por toda a xeografía galega. Padrón non se queda atrás, e durante todo o mes de xullo é posible gozar de axenda repleta de actividades entre as que destacan a xa tradicional Feira Medieval e as festas do Santiaguiño do Monte. Toma nota e non te perdas ningunha!
XIV Feira Medieval
Tras 14 edicións, a Feira Medieval de Padrón converteuse xa en todo un clásico da comarca do Sar. Este ano o mercado medieval terá lugar a primeira fin de semana de xullo, do venres 5 ao domingo 7, e encherá o centro histórico da vila do mellor ambiente do medievo e os típicos postos de artesanía e gastronomía.
Este ano, ademais, a feira contará cunha exhibición e montaxe de vidreiras emplomadas, coa visita personalizada de Traslatio, demostracións do traballo de obradoiros de pedra, madeira e coiro e a visita dun “Macías o Namorado” moi especial. Podedes consultar o programa completo no Facebook de Padrón Turismo!
Festas do “ Santiaguiño do Monte”
O 25 de xullo chega outra das celebracións fundamentais de Padrón: o Santiaguiño do Monte, festa da que xa falamos en varias ocasións no noso blogue. Pero este ano, ademais da carreira de burros, o Asnot, os concertos ou a tradicional romaría do día do Apóstolo; o evento contará cunha novidade moi especial: o Santiaguiño Open Air.
Trátase dun festival de música electrónica que, partindo dunha iniciativa popular, celebrouse por primeira vez en 2018 coincidindo coa romaría tradicional, pero nunha parte superior do monte. Tras o éxito da primeira edición, este ano os organizadores propuxéronse mellorar o festival, co que pretenden dar un aire novo á celebración e adaptala a un público máis novo, sen deixar de lado aos adultos.
Visita ao Hotel Scala
Parécenvos poucos plans para o mes de xullo? Pois entre celebración e celebración sempre podedes facer vosa reserva no Hotel Scala e darvos un baño na nosa piscina ou gozar da oferta gastronómica premium do Asador O’Pazo. Para iso, tan só tedes que chamar ao teléfono 981 811 312 ou escribirnos un correo a hotel@hotelscala.com.
Esperámosvos!