Só hai que tentar contar as celebracións que se lle dedican ao ancho e longo de Galicia para darse conta de que San Roque é o santo que máis devoción esperta na comunidade. Entre as actividades vencelladas a estas festas atópanse algunhas tan famosas e singulares como a do Globo de Betanzos. Pero se hai unha popular, divertida e sobre todo refrescante, esa é a Festa da auga de Vilagarcía de Arousa, que, ademais, foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Hoxe convidámoste a coñecela.
A chegada de agosto volve traer a Padrón, un ano máis, unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia: a XL Festa do Pemento de Herbón. A festa, declarada de interese turístico, celébrase cada ano o primeiro sábado deste mes estival, congregando por centos de persoas que se reúnen para gozar do bo ambiente e, como non podía ser doutro xeito, do sabor único destes deliciosos produtos verdes. Pero para aqueles que vos sexa imposible asistir non vos preocupedes, porque temos preparados varios consellos para que ninguén quede sen probar un dos produtos estrela da gastronomía galega.
Se hai algo característico do verán, iso son os festexos populares. Desde a noite de San Juan que dá inicio á tempada estival e ata ben entrado setembro, a xente de Galicia bótase ás rúas para gozar dalgunhas das xornadas máis divertidas do ano. Por suposto, unha vila tan fiestera como Padrón non podía quedar atrás, e os días 24 e 25 de xullo celebra ao grande o Santiaguiño do Monte.
Este festexo, que protagoniza a romaría do día 25 e que conta centos de adeptos e décadas de tradición, foise reconvertendo cos anos para mostrar tamén a súa cara máis nova e desenfadada. Folclore e modernidade unidos nunha soa festa que nos fai expornos unha pregunta: con cal quedamos?
A Catedral é sen dúbida un dos maiores tesouros de Santiago. Calquera que se achegue á capital de Galicia ten unha cita obrigada con este monumento, un dos máis importantes do noso país. E agora, os motivos para achegarse á Catedral son aínda maiores.
Fai algo máis dun mes que se retiraron as estadas da fachada do Obradoiro e por fin, tras anos de traballo, os visitantes poden ver restaurada a cara máis coñecida da Catedral de Santiago. A maxia que desprende achegarse á emblemática praza do Obradoiro para observar a fachada barroca da Catedral é moi difícil de describir. Hai que vivila!
Un ano máis, reinas, reis, mercadores ou dragóns, enchen as rúas de Padrón, facendo que aquel que se atope nestas terras viaxe no tempo ata o mesmo medievo, e é que a XIII Feira Medieval de Padrón, ¡xa está aquí!
Se aínda non tes plan para os días 6,7 e 8 de xullo, dende o Grupo Hotel Scala queremos convidarte a pasar un fin de semana épico que non esqueceras, apúntaste?
Aínda que opuxo resistencia, parece que o verán chegou para quedar a Padrón e, tamén, ao noso restaurante. Agora que os días son máis longos e as rúas e tamén os nosos pratos énchense de luz e cor, parécenos o momento perfecto para mostrarvos os cambios que fomos incorporando nos últimos meses aos nosos salóns:
Benvidos ao novo Asador O’Pazo!