Un dos maiores encantos de percorrer un novo lugar é poder, a través das pegadas do pasado, coñecer a súa historia. Monumentos, edificios históricos, prazas… todo tivo unha orixe, probablemente un tanto diferente ao que hoxe coñecemos.
As rías son un dos elementos máis representativos da paisaxe de Galicia. A Ría de Arousa é a máis extensa de todas elas, onde a costa está ocupada por poboacións emblemáticas que debes visitar se tes ocasión. Grazas á súa situación, Padrón é un punto de partida perfecto para coñecelas. Dende o Grupo Hotel Scala propoñémosche un percorrido por catro localidades galegas singulares que forman parte deste conxunto.
Xa sabedes que o Grupo Hotel Scala atópase en Padrón, localidade con historia que merece a pena coñecer e tamén un enclave ideal para desprazarse ao resto de Galicia e coñecer as moitas marabillas que brinda a nosa comunidade, tendo en conta, ademais, que nos atopamos a un paso da AP-9, a autoestrada que a vertebra de norte a sur.
Pero, se preferides quedarvos preto ou vides comer e buscades un plan para pasar a tarde (e baixar a comida), tamén se nos ocorren unha chea de lugares nos que podedes gozar. Neste post convidámosvos a visitar fervenzas e, aínda que é moi difícil escoller cales son as máis bonitas (non esquezades que Galicia é o país dos mil ríos), fixámonos nalgunhas das máis próximas, a menos de media hora en coche do Hotel Scala.
Unha excursión, unha viaxe con amigos, unha escapada con toda a familia… Sexa o que sexa que teñas en mente o Hotel Scala é o lugar perfecto para aloxarse en calquera viaxe en grupo. Os seus espazos conquistaranche a primeira ollada e todas as comodidades e servizos do hotel farán que vos sintades coma na casa e gocedes da viaxe como nunca. Pero para que te decidas a elixirnos seleccionamos 7 motivos polos que o Hotel Scala é sen dúbida a mellor opción nunha viaxe así.
Padrón destaca especialmente pola súa tradición literaria. Este tranquilo recuncho a beiras do río Sar é famoso por ser o berce de recoñecidos escritores como Camilo José Cela ou Macías O Namorado, ademais de ser o lugar onde Rosalía de Castro pasou parte da súa infancia e os seus últimos anos. Así que, por suposto, a localidade é o lugar perfecto para descubrir e coñecer a vida e obra destes literatos nun percorrido único que che propoñemos desde Hotel Scala.
Os amantes da natureza están de sorte. E é que moi preto do Hotel Scala atópanse algunhas dos roteiros de sendeirismo máis bonitas de toda a comarca. Por iso, se estás a desexar desconectar e pasear entre algúns das paisaxes máis belas de Galicia sen dúbida o Hotel Scala é o teu sitio. Ofrecémosche tres alternativas para que goces desta contorna única e recomendámosche que veñas con tempo para que poidas percorrelas todas. Sorprenderanche!
Galicia conta con case de 1.500 quilómetros de costa que esconden auténticas xoias naturais. As famosas rías galegas albergan verdadeiros paraísos salvaxes de area branca, que están a esperar ser descubertos. O Hotel Scala conta cunha localización privilexiada que che achega, a estes puntos de visita obrigada nos que volver a esa praia auténtica e natural, co son do mar como banda sonora e as ondas desatando a súa furia contra as rocas como espectáculo visual. O Parque Natural de Corrubedo, O Vilar e As Furnas son tres espazos naturais situados só un paso do noso aloxamento e que non podes deixar de visitar.
Achégase o 25 de xullo, día grande en Galicia por ser a festividade do seu patrón, Santiago Apóstolo. A cidade de Compostela xa está prepara para celebrar, como cada ano as súas festas. E é precisamente na noite do 24 ao 25 de xullo onde se produce o momento máis esperado de toda esta celebración: os fogos artificiais e o espectáculo audiovisual na praza do Obradoiro. No Hotel Scala descubrímosche os segredos dun dos días máis especiais do ano na capital de Galicia e animámoste a achegarte para contemplar en directo toda a súa maxia cando te aloxes connosco.
O verán é a época do ano por excelencia para facer plans fóra da casa, especialmente se entre eles atópase asistir ás moitas festas populares ou temáticas que se estenden por toda a xeografía galega. Padrón non se queda atrás, e durante todo o mes de xullo é posible gozar de axenda repleta de actividades entre as que destacan a xa tradicional Feira Medieval e as festas do Santiaguiño do Monte. Toma nota e non te perdas ningunha!
Aínda que Padrón é enormemente coñecido por ser capital do último tramo do Camiño Portugués, moitos non saben que é tamén orixe do Xacobeo. Precisamente para poñer en valor os recursos xacobeos da vila e a súa importancia na historia do Camiño naceu a Pedronía, un novo itinerario que permite coñecer un pouco máis da nosa historia. No Grupo Hotel Scala contámosvola e convidámosvos a facervos con esta credencial!