Padrón destaca polos seus numerosos atractivos turísticos, e un deles é sen dúbida o seu mercado dominical. Con máis de 600 postos que se estenden ao longo de varias hectáreas de terreo e unha Praza de Abastos que fixo do domingo o seu día grande, este mercadillo, que se converteu no máis grande de Galicia, é sen dúbida unha visita que vale a pena realizar se pasades unha fin de semana connosco. Tomade nota do que non podedes perdervos!
A ponte de decembro é unha desas datas sinaladas no calendario, que adoita utilizarse para descontar os días libres que aínda quedan soltos antes das tan ansiadas vacacións de Nadal e o comezo dun novo ano. Se sodes dos afortunados que pode collerse o venres libre e estirar a fin de semana, no Grupo Hotel Scala propoñémosvos un plan completo para gozar da ponte en Padrón: toma nota!
O Grupo Hotel Scala de Padrón sempre organiza unha festa incrible en Noitevella, a mellor noite do ano. Este ano 2018 pretendemos superar ao anterior ofrecéndovos todo aquilo que merece un día tan especial Queremos que pasedes unha experiencia inesquecible connosco! Como o imos a facer? Cun menú espectacular, como sempre, con produtos galegos de calidade: reunimos os mellores ingredientes do mar e da terra. Acompañámolos cunha gran selección de viños, seleccionados exclusivamente de nosa propia Adega Pazo Arretén para os padais máis esixentes. Se a todo isto sumámoslle unha marabillosa festa con barra libre ata que salga o sol temos por resultado algo máxico.
No Grupo Hotel Scala sabemos que, con decembro ao virar a esquina, achégase tamén un dos momentos do ano máis esperado por moitos traballadores: a cea de empresa. Para unha ocasión tan especial deseñamos varios menús de calidade que se adaptan a todos os equipos, para que poidades despreocuparvos de organizacións complicadas e dediquédesvos unicamente a gozar cos vosos compañeiros.
Achégase a noite máis terrorífica do ano e no Grupo Hotel Scala queremos celebralo como mellor sabemos: cunha cea arrepiante e un baile… que vos fará tremer de medo! Apetécevos probar os nosos deliciosos cempés ou os mellores ósos afumados? Preparade vosas galas máis espantosas, desempoade os disfraces… e que dea comezo a festa!
No Grupo Hotel Scala queremos que esteades decatados dos mellores plans na nosa vila e por iso convidámosvos a descubrir o evento “Saborea Padrón”, unhas xornadas gastronómicas que se celebran os próximos días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de outubro e que van xa pola súa oitava edición. Con ganas dun fin de semana gastro? Reserva no noso hotel… e non cho perdas!
Unha voda non é un evento calquera: é o día máis esperado e especial na vida dos noivos. Nun momento tan importante (e por que non dicilo, de tantos nervios) é fundamental que as parellas se rodeen de bos profesionais para que só teñan que preocuparse de desfrutar do día cos seus familiares, amigos e seres queridos. No Grupo Hotel Scala somos expertos nestas celebracións, e estaremos encantados de axudarvos a crear recordos indelebles en calquera dos nosos espazos. ¿Queres saber máis?
Polo Hotel Scala pasa o Camiño Portugués a Santiago e estamos situados tamén nun punto estratéxico para descubrir Galicia. Agora no verán os nosos hóspedes queren coñecer sobre todo as fermosas rías galegas. As dúas máis próximas, a escasos quilómetros, son a de Muros e Noia e a de Arousa, pero tampouco nos queda lonxe a famosa Costa da Morte –na parte baixa das Rías Altas- e a autoestrada AP-9 déixanos a tiro de pedra do resto das Rías Baixas. Facemos un ruta?