Ademais de ser terra de meigas, Galicia ten paisaxes que deixan sen alento. Se vos gusta tanto como a nós saír a camiñar e perdervos pola natureza, chegastes ao post correcto! Preparádevos para tomar nota, porque a continuación ímosvos recomendar os mellores miradoiros da comarca do Sar. Nos vos ides queres perder estas vistas!
A nova xoia: o miradoiro do monte Lapido
Este novo espazo natural e de lecer era usado como basureiro, pero grazas á iniciativa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido converteuse nun lugar onde gozas das espectaculares vistas que ofrece do río Ulla e do monte Castro Valente. O mellor é que se atopa moi bien comunicado, a pé da estrada AC-242 que conduce á parroquia de Carcacía. Nós xa fomos botar unha ollada e quedamos encantados, a que esperades vós?
O miradouro de Lestrobe
Desde 2016 este pequeno miradouro, que pasaba moitas veces desapercibido, conta con unha sinalización de luxo para poder chegar nun abrir e pechar os ollos e admirar as vistas da naturaleza. Chegaches sedento? Non te preocupes, na cima hai unha fonte de auga en pedra, e tamén un merendeiro para recobrar forzas. Até a zona pódese chegar tamén en coche, pero merece moito máis a pena dar o paseo. Non hai excusas que valgan, chegou a hora de camiñar!
O Monte Meda
Coñecido tamén como alto de Elisa, este lugar ofrécenos unhas vistas de película da desembocadura do río Ulla na ría de Arousa. Subir até este punto danos a oportunidade de observar Milladoiro, os montes Castro Valente, Xesteiras, Xiabre, Pico Sacro e zonas de A Estrada desde unha perspectiva moi diferente.
Santiaguiño do Monte
Todo un clásico e un dos planes imprescindibles en Padrón é a subida a Santiaguiño do Monte. Ademais de ser un lugar de gran tradición xacobea e un estupendo mirador, conta cunha magnífica área recreativa. Hai dúas formas de acceso: os máis valentes poden subir a pé pola escaleira de 134 escalóns que comeza a carón do convento do Carme e, os que non queren facer exercicio, poden chegar co coche pola AC 299 en dirección a Rois, desviándose a man esquerda a uns 300 metros da ponte de Santiago. Unha vez arriba encontraranse cunha contorna incomparable para o descanso e o lecer con mesas, grellas, fontes e ata un parque infantil. Isto cheira a planazo familiar, non vos parece?
Todo isto e moito máis estache esperando a poucos pasos do noso Hotel Scala. Así que non o penses dúas veces, se queres entrar en contacto coa riqueza natural que nos rodea, vén aloxarte connosco!