Maio está ao virar a esquina e preséntase en Galicia cargado de días festivos e pontes para gozar… en Padrón e no Grupo Hotel Scala. Dámosvos razóns de peso para vir pois a nosa vila non só é berce da tradición xacobea, os escritores Rosalía de Castro ou Camilo José Cela ou os pementos de Padrón, senón que tamén posúe un notable centro histórico, un interesante Xardín Botánico ou o mercadillo dominical máis grande de Galicia.
Un mes moi festivo en Galicia
O mes empeza xa cun festivo e ten carácter nacional: o Primeiro de Maio ou Día Internacional dos Traballadores. Este ano cae en mércores e poida que algúns afortunados poidan facer xa non unha ponte senón un acueduto. Claro que lles é máis fácil a quen vive en Madrid, que celebra o día da Comunidade o 2 de maio en recordo do levantamento do pobo madrileño contra a ocupación francesa en 1808.
Galicia festexa tamén o 17 de maio o Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas, primeiro director do Museo do Pobo Galego. Cae en venres, así que moitos dos nosos paisanos terán tres días de asueto.
A final de mes, algúns municipios próximos a Padrón gozarán doutra ponte grazas á festividade da Ascensión, que celebran o xoves 30 de maio Santiago de Compostela e varias das localidades da súa área de influencia como Ames, Teo, Boqueixón, Brión ou Trazo. Os coles, ademais, adoitan escoller o venres que lle segue como o festivo de libre designación. Así que todos estes veciños, polo menos os pequenos e os seus profesores, terán catro días de festa.
Por que vir a Padrón?
Con tantos festivos por diante, animámosvos a vir coñecer Padrón e dámosvos uns cuantos motivos de peso. Sabiades que a nosa vila é berce da tradición xacobea? A lenda di que nela, en Santiaguiño do Monte, predicou o Apóstolo en vida e tamén que nela amarraron os seus discípulos a barca na que trouxeron o seu corpo desde Xerusalén. O ara romana ou pedrón ao que a suxeitaron atópase baixo o altar maior da igrexa de Santiago.
E Padrón tamén é berce do Nobel de literatura Camilo José Cela e foi a última morada do gran poeta galega Rosalía de Castro. Precisamente a Casa da Matanza é na actualidade a sede de Casa Museo de Rosalía.
Non podemos esquecernos tampouco dos famosos pementos de Padrón, eses que unhas veces pican e outros non, e que levan o nome da nosa localidade por todo o mundo. Cultívanse na parroquia de Herbón, onde se conserva un mosteiro franciscano. Nesta zona, seguindo o leito do río Ulla, atopamos tamén as ‘pesqueiras’ coas que os romanos se facían cun prezado manxar que hoxe en día pode degustarse en moi poquitos lugares, a lamprea.
Ademais, Padrón posúe un centro histórico repleto de casas nobres, igrexas, rúas empedradas, un bonito paseo a beiras do Sar ou un interesante Xardín Botánico. E non debemos esquecernos do mercado dominical, o máis grande e famoso de toda Galicia, ou nosas concurridísimas Festas de Pascua.
Concentración de motos clásicas
E, por se todo isto non fose suficiente, lembrade que o día 1 de maio terá lugar a 12+1 edición da Ruta Internacional de Motos Antigas Terras de Padrón. Esta concentración servirá, ademais, como homenaxe póstuma ao ex piloto Ángel Neto. Os vehículos participantes, que deberán ter máis de trinta anos, están citados ás 10:30 horas no Campo do Souto.
A comida posterior, como cada ano, terá lugar no restaurante do Hotel Scala, onde ti tamén poderás vir repoñer forzas. Ou, se prefires un menú máis elaborado, animámoste a gozar do noso Asador O Pazo. E, se queres descansar ou prolongar a visita durante varios días, poderás aloxarte no Hotel Scala. Agardámoste en Padrón!