Achéganse as vacacións de Semana Santa e o Hotel Scala é unha alternativa ideal para pasar estes días porque Padrón, ademais da tradicional programación relixiosa, vive na Pascua as súas festas grandes con numerosas actividades para todos os públicos e a súa localización privilexiada, a tiro de pedra de Santiago de Compostela e das Rías Baixas, convértena no lugar perfecto para coñecer Galicia.
Procesións
A programación relixiosa iníciase o venres 5 de abril ás oito da tarde coa lectura do pregón na igrexa parroquial e esténdese ata o Venres Santo, o día 19. Entre estas datas, sucederanse as procesións da Virxe das Dores (venres 12), a de Ramos (domingo 14), as do Encontro e a Santa Cruz do Calvario (Xoves Santo, día 18), as do Santo Enterro e dos Caladiños (Venres Santo, día 19).
Festas de Pascua 2019
Coa Resurreción, Padrón vestirase de gala e explotará de xúbilo para celebrar as Festas de Pascua ata o 28 de abril. Atraccións de feira, competicións deportivas, actividades infantís, concertos e verbenas e moitas actividades máis teñen cabida nun amplo e variado programa, que comeza xa a primeira fin de semana do mes de abril.
Citas clásicas son a Feira Cabalar, que se celebrará durante toda a xornada do domingo 21 con concursos de raza e unha exhibición de doma; a Andaina Bisbarra do Sar, que terá lugar o sábado 6 de abril; a Gran Carreira Popular, que se correrá o 20 de abril; ou a Clásica de Pascua, proba con gran tradición no calendario cliclista.
Orquestras, bandas, charangas ou agrupacións folclóricas animarán as xornadas festivas e un concerto dos 80 cos grupos La Frontera e La Guardia poñerá o colofón musical o Sábado de Pascuilla, 27 de abril. Estas dúas actuacións estarán separadas por unha gran sesión de fogos de artificio.
O mellor descanso
E, tras gozar da festa, nada mellor que repoñer forzas no Hotel Scala. A súa localización ao pé do Camiño de Santiago, a cinco minutos do centro de Padrón, garante o teu descanso nunha contorna tranquila. Reserva xa!