Padrón, Berce do Xacobeo
Conta a lenda xacobea que os discípulos Teodoro e Atanasio viaxaron por mar desde Palestina a Padrón co cadáver do Apóstolo Santiago. Alí atopábase o monte San Gregorio (agora coñecido como Santiaguiño), o lugar máis afastado no que este predicara en vida e o sitio escollido inicialmente para depositar os seus restos. Ao chegar, amarraron a súa barca a un ara romana en honra ao deus Neptuno, o Pedrón, que anos máis tarde deu nome á localidade.
Aínda que finalmente a tradición conta que os restos de Santiago foron levados a Compostela, Padrón converteuse así en berce do Camiño, e o lugar onde se iniciou a historia das peregrinacións.
A Pedronía, unha credencial propia
Coñecedores das orixes do Camiño, a historia cóntanos que, xa na Idade Media, os peregrinos que chegaban a Compostela continuaban o seu roteiro cara a Padrón para render homenaxe ao lugar ao que chegou por mar o Apóstolo. Estes foron os comezos da Pedronía, unha nova credencial que outorga o municipio a todas aquelas persoas que percorran o Camiño ata Padrón e visiten as seguintes reliquias e monumentos históricos xacobeos:
- A igrexa de Santa María de Iria Flavia, antiga Sede Episcopal.
- A Fonte do Carmen, representación da Traslatio e do bautismo da Raíña Lupa.
- O Santiaguiño do Monte, coas famosas pedras nas que predicou o Apóstolo, a ermida e a fonte da que fixo brotar auga.
- O Pedrón, o ara romana á que se amarrou a barca cos restos do Apóstolo, que actualmente se sitúa baixo o altar maior da igrexa de Santiago de Padrón.
Para facerse con esta credencial só é necesario tramitar a “Carta para a obtención da Pedronía” na páxina web do Concello de Padrón, selala na oficina de turismo ou algún albergue do punto de partida e, tras visitar estes catro monumentos, facer o mesmo na Casa do Concello, na oficina de turismo ou no propio albergue municipal de Padrón.
Hotel Scala, parada obrigatoria para peregrinos
Desde o Grupo Hotel Scala convidámosvos a percorrer este precioso roteiro ata a nosa terra e ás orixes mesmos do Camiño de Santiago facendo, por suposto, parada nas nosas instalacións. Para todos aqueles que se animen preparamos a nosa oferta especial peregrinos, que inclúe a estancia en cuarto dobre con almorzo buffet, bomba de sal e un produto delicatesen local por tan só 45€ en tempada baixa, e 60€ en tempada alta. Esperámosvos!