Tan só queda unha semana para un dos días máis especiais do ano, o Día da Nai. Esa persoa que sempre o dá todo e sempre axuda sen pedir nada a cambio pero, iso non significa que non o mereza, senón todo o contrario!
Menú Especial.
No Hotel Scala querémosvos axudar para que esa homenaxe convértase nunha xornada inesquecible. Por iso, traémosvos un menú exclusivo preparado con todo o noso agarimo e pensado para coidalas e consentilas no seu día especial.
ENTRANTES
Ensalada de Cogollos e Ventresca con Vinagreta de Xamón Ibérico
PRATO PRINCIPAL (a elixir)
Carrilleras de Porco Ibérico ao Pedro Ximénez
ou
Rape en Salsa Verde con Berberechos da Ría
PROSTRE DA CASA
Bebida e Café
Pero querémosvos ofrecer máis, porque sabemos que desconectar é algo que todos necesitamos, pero elas aínda máis. Queres un plan? Apunta!
Descobre Galicia.
Padrón é unha vila chea de vida por si soa pero, ademais, está situada a escasos 20 minutos en coche da capital galega, Santiago de Compostela.
Doutra banda, a localización é tan privilexiada, que se poñemos rumbo á dirección contraria, atoparemos marabillosos pobos do mais pintoresco da costa galega.
A Ruta Rosaliana.
Se o que prefires é que che leven e non organizar nada, estás de sorte, porque o sábado, a partir das 9 da mañá, sae desde Padrón a Ruta Rosaliana, incluída no proxecto “As Pegadas de Rosalía”. Trátase dunha viaxe polos lugares máis importantes que marcaron a vida da poetisa galega Rosalía de Castro, entre eles, o Pazo de Arretén, onde se atopa a nosa Adega. Esta ruta inclúe paradas non só en Padrón, senón tamén en Ames, Brión e Compostela.
Descansa en Scala.
E para darlle o broche de ouro ao teu agasallo, animámosche a que sexas ti quen o de todo por ela, pola túa nai, reserva co Hotel Scala e gozade en familia desta marabillosa oferta. Chámanos, estamos a esperarche! E de parte do equipo Scala…
Felicidades, mamás!