Se hai algo característico do verán, iso son os festexos populares. Desde a noite de San Juan que dá inicio á tempada estival e ata ben entrado setembro, a xente de Galicia bótase ás rúas para gozar dalgunhas das xornadas máis divertidas do ano. Por suposto, unha vila tan fiestera como Padrón non podía quedar atrás, e os días 24 e 25 de xullo celebra ao grande o Santiaguiño do Monte.
Este festexo, que protagoniza a romaría do día 25 e que conta centos de adeptos e décadas de tradición, foise reconvertendo cos anos para mostrar tamén a súa cara máis nova e desenfadada. Folclore e modernidade unidos nunha soa festa que nos fai expornos unha pregunta: con cal quedamos?
Carreira de burros ou Asnot
As festas do Santiaguiño arrincan o 24 de xullo co tradicional Derbi Asnal. A partir das 8 dos tarde miles de persoas reúnense nas rúas de Padrón para ver a carreira de burros, na que preto dunha ducia destes animais e os seus xinetes compiten por terminar en primeira posición 3 voltas ás principais rúas do pobo.
Precisamente a raíz do Derbi
Asnal un local hostaleiro da vila comezou a organizar o
Asnot, un festival que recrea as carreiras do
ascot inglés e que, en moi poucos anos, converteuse nun dos eventos con máis asistencia do ano. Apostas, concertos, charlas, actividades para nenos, sesión vermú, concursos… Para participar no
Asnot é necesario ter ganas de rirse e pasalo ben… e vestirse con traxe de gala,
bombín e pamela!
Música popular… ou a que ti queiras!
Nestas festas a música tradicional é a gran protagonista: o día 24, a partir das 10 da noite, os amantes do folclore poderán gozar de concertos dalgúns dos artistas máis importantes do país, como as
pandereteiras Leilía ou o
gaiteiro Budiño. Ademais, as agrupacións da zona vístense durante toda a xornada cos seus mellores galas para amenizar as rúas e, sobre todo, para acompañar coa súa música ao santo “
festeiro”, que sae en procesión o día 25 desde a igrexa parroquial de Padrón ata a capela do
Santiaguiño do Monte, onde se celebra unha misa cantada.
Para os que prefiran outros estilos musicais, o programa de festas e o festival Asnot inclúen tamén sesións vermú e numerosos concertos de grupos como Maior Tom, Broken Peach, The Funkles ou The Swinging Flamingos.
Romaría popular ou Open Air Party
A Romaría do Santiaguiño, o día 25, é o momento culmen da festa. Tras a misa solemne, os romeus reúnense no monte para gozar da gran sardiñada que organiza o Concello e para comer coas súas familias ou penas. Os grupos folclóricos amenizan a xornada, na que tamén hai actividades para os máis pequenos e unha festa da escuma.
Pero máis aló da tradicional romaría, os máis novos poderán gozar do Open Air Santiaguiño, un festival organizado por un grupo de amigos de Padrón que empezará a madrugada do día 25 e que ofrecerá 17 horas initerrumpidas de festa e música con DJ’ s, gogós, ambientación, photocall con fotógrafos profesionais e mesmo gravación cun dron.
Tradición, modernidade… e moita diversión nas festas do Santiaguiño do Monte! Sexa cal for a túa opción, o hotel Scala é que mellor lugar para descansar e relaxarse entre concerto, baile e romaría. Esperámosche!