Un ano máis, reinas, reis, mercadores ou dragóns, enchen as rúas de Padrón, facendo que aquel que se atope nestas terras viaxe no tempo ata o mesmo medievo, e é que a XIII Feira Medieval de Padrón, ¡xa está aquí!
Se aínda non tes plan para os días 6,7 e 8 de xullo, dende o Grupo Hotel Scala queremos convidarte a pasar un fin de semana épico que non esqueceras, apúntaste?
Pasea polo mercado medieval: Un dos grandes atractivos da Feira é poder recorrer as rúas de Padrón convertidas nun verdadeiro mercado medieval. Nel poderás atopar toda clase de postos de artesanía e gastronomía que te transportarán directamente á Idade Media.
Desfruta da música e outras artes: Durante este máxico fin de semana, toda a vila encherase de diferentes actividades e actuacións que farán desfrutar tanto a maiores como a pequenos. Concertos, pasarúas, representacións teatrais, contacontos, exhibicións de cetrería, talleres artesanais, bailes, acrobacias ou incluso espectáculos de fogo, son só algunhas das cosas que inclúe este completo programa que a Feira Medieval ofrece nesta edición.
Vive a feira dende dentro: Mestúrate coa feira meténdote na pel do personaxe do medievo que ti elixas mediante a caracterización. Son moitos os que van un paso máis aló e deciden disfrazarse con vestimentas da época, que ben poden comprarse ou alugarse, aínda que os máis orixinais, mesmo se animan a crealos eles mesmos.
Come e durme como a realeza: Como guinda do pastel, remata o teu día a corpo de rei durmindo no noso Hotel Scala e degustando os manxares que che ofrece o noso Asador O Pazo. Que máis se pode pedir? Asegurámosvos que se seguísemos na Idade Media, ata a realeza elixiríanos!
Aínda non estás convencido? Reserva xa a túa habitación connosco, non te arrepentirás!