Aínda que opuxo resistencia, parece que o verán chegou para quedar a Padrón e, tamén, ao noso restaurante. Agora que os días son máis longos e as rúas e tamén os nosos pratos énchense de luz e cor, parécenos o momento perfecto para mostrarvos os cambios que fomos incorporando nos últimos meses aos nosos salóns:
Benvidos ao novo Asador O’Pazo!
Unha sala con máis cor
A pesar do tópico, os que nos coñecen saben que non somos un “asador” ao uso: si, apaixónanos a brasa e o partido que nos permite sacarlle aos nosos produtos, pero sempre co selo propio da creatividade e orixinalidade da que dotamos a cada un dos pratos de O’Pazo.
Por este motivo, cambiamos o noso mobiliario de sala a un moito máis colorido e luminoso, con cores amarelas e azuladas, que nos axudan a comunicar mellor a idea de modernidade e tradición que buscamos transmitir no noso restaurante.
Unha vaixela que conquistará os teus sentidos
Acompañando a estes cambios en sala introducimos tamén unha nova vaixela exclusiva deseñada en tons claros, con pequenas estrías concéntricas, cunha forma moi especial que nos transporta ás texturas e sabores máis puros e que conseguen que destaquen aínda máis as elaboracións do noso chef sobre o prato.
O sabor e a calidade de sempre
A pesar destas novidades, hai algo que non cambiamos no Asador O’Pazo: o coidado e o mimo do trato do noso persoal de sala; o traballo coas mellores materias primas do mar, a terra e a horta de Padrón do noso equipo de cociña; e a orixinalidade e sinxeleza aplicada ás creacións do chef, Óscar Vidal.
Se che apetece vir descubrir a nova cara do noso asador, abrimos todos os mediodías e as noites dos venres, sábados e domingos. Se ademais queres gozar dun evento máis especial nos nosos salóns, ou compartir cos teus unha cea entre semana, só tes que chamarnos ao 981 811 507. Esperámosche!