Visitar e coñecer os pobos da costa galega é un imprescindible en calquera viaxe á nosa Comunidade. Aínda que Padrón non ten mar, atópase moi preto da costa polo que é o lugar ideal para lanzarse a coñecela. Desde Grupo Hotel Scala propoñémosche a nosa selección de pobos con encanto.
Rianxo
A menos de 20 minutos de Padrón sitúase este precioso pobo mariñeiro berce de tres dos mellores escritores da literatura galega: Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio. O encanto de Rianxo atópase paseando entre as súas prazas, visitando calquera das súas praias ou simplemente tomando un café na Ribeira, mirando ao mar. Se te achegas a Rianxo non te podes perder o seu Paseo Marítimo, que percorre case dous quilómetros e que ofrece unhas vistas impresionantes da Ría.
Combarro
Combarro é un deses lugares que desprenden maxia. Quizá sexan os seus famosos hórreos, ou as súas rúas empedradas ou o toque azul do mar. Percorrer as súas rúas e perderse nas súas terrazas é un auténtico pracer. E é que Combarro é un deses pobos que parecen sacados dunha postal.
Noia
A pouco máis de media hora de Padrón sitúase Noia, cun casco antigo digno de pasear. Visitar as súas igrexas (como a de Santa María e Novoa) ou relaxarse na Alameda son só dúas das nosas suxestións. Ademais, no mes de xullo celébrase unha das festas máis vistosas do verán, a Feira Medieval, na que Noia se enche de mercados, xograres e cortesás.
Muros
Este precioso pobo está a menos dunha hora en coche de Padrón. Sen dúbida é unha opción ideal para coñecer un enclave pintoresco e cheo de vida. A constante actividade da lonxa da localidade xa ofrece pistas sobre a calidade do marisco da zona, un dos principais reclamos do municipio. Ademais, non deixes de visitar o pobo de Louro e achegarche á súa praia, unha das máis impresionantes de Galicia.
Cambados
Situado na provincia de Pontevedra, Cambados destila un encanto especial. A capital do Albariño é un punto imprescindible na visita ás Rías Baixas. Tanto para degustar o famoso viño da rexión como para contemplar as impresionantes vistas desde o Miradoiro Ponte da Pastora ou coñecer o Pazo de Fefiñanes, Cambados é unha aposta segura.
Se queres coñecer os encantos da costa galega, o Grupo Hotel Scala é sen dúbida o enclave perfecto para iniciar esta marabillosa ruta. Reserva xa a túa estancia no Grupo Hotel Scala e goza dos nosos servizos. Estamos a esperarche.