Celébrase o 1 de maio dende hai xa doce anos e, o que empezou como unha homenaxe organizada por un pequeno grupo de amigos, chegou a reunir a máis de 200 participantes na última edición. As motos clásicas son a paixón que une a veciños das catro provincias galegas e ata a compañeiros de Portugal, dende onde se desprazaron ata catro clubs no evento de 2017.
O percorrido.
Ao redor das 11:00 horas da mañá a comitiva sae en dirección Rías Baixas, cruzando os pobos de Valga, Caldas, Vilagarcía de Arousa e chegando ata a Illa, enclave perfecto para baixarse da moto e tomarse unha tapa de media mañá. Á volta, tras pasar por Vilagarcía unha vez máis, Catoira e Dodro, chégase a Padrón xusto cando a fame empeza a dar a súa chamada de atención.
O banquete.
A concentración apaga os motores no Scala, e non podemos sentirnos máis orgullosos de que ano tras ano a organización siga apostando polos nosos servizos. Pero isto non significa que termine a festa, pois, tras a comida no restaurante do hotel, chega a entrega de premios e tamén os sorteos entre todos os inscritos.
Así que lembra, o martes 1 de maio non só tes unha cita en Padrón, senón dúas: por unha banda disfruta da concentración e do ambiente festivo e, por outro, saborea a mellor gastronomía de man dos chefs do Hotel Scala. Non esperes e confirma xa o teu reserva!