A Catedral é sen dúbida un dos maiores tesouros de Santiago. Calquera que se achegue á capital de Galicia ten unha cita obrigada con este monumento, un dos máis importantes do noso país. E agora, os motivos para achegarse á Catedral son aínda maiores.
Fai algo máis dun mes que se retiraron as estadas da fachada do Obradoiro e por fin, tras anos de traballo, os visitantes poden ver restaurada a cara máis coñecida da Catedral de Santiago. A maxia que desprende achegarse á emblemática praza do Obradoiro para observar a fachada barroca da Catedral é moi difícil de describir. Hai que vivila!
Pero ademais, tras case dez anos de restauración o famoso Pórtico da Gloria está visible por fin. Chegou o momento de visitar o famoso conxunto escultórico do Mestre Mateo, un dos máis importantes da arte románico e que foi recuperado totalmente, sacando á luz colorees que levaban décadas ocultos.
As visitas ao Pórtico organizaranse en dúas fases: a primeira ábrese a finais deste mes (previsiblemente o día 27 a expensas da finalización dos últimos traballos na área) e durará ata outubro e a segunda, a partir de outubro, na que o Pórtico, aínda que seguirá sendo visitable, terá que volver a encapsularse para preservar os traballos de restauración.
Agora, a partir de final de mes, o horario de acceso ao Pórtico será amplo, de 8.00 h a 22.00 h (interrompido durante os horarios de liturxias). Serán visitas gratuítas, de 15 minutos de duración e de 25 persoas como máximo, para seguir coidando o espazo recentemente restaurado. Estas visitas iniciaranse na escalinata monumental do acceso do Obradoiro á Catedral, e para elas, terase en conta unicamente a orde de chegada, polo que non será posible reservar previamente.
Sobre a segunda fase, aínda se está estudando como será o procedemento, aínda que se pretende seguir co calendario de visitas actual. Unha oportunidade única para contemplar un dos maiores tesouros de Santiago, que levaba anos sen ser visitable.
Pero ademais non te esquezas de achegarche a outros dos grandes atractivos da Catedral, como subir aos seus tellados para observar Santiago desde as alturas, ver o voo do Botafumeiro ou simplemente achegarche ao Museo da Catedral, que alberga verdadeiras xoias recompiladas durante moitos anos.
Se estás a desexar coñecer Santiago e a súa Catedral non dubides en reservar xa a túa estancia en Grupo Hotel Scala, temos a tranquilidade que necesitas moi preto de Santiago, para que poidas gozar do mellor da cidade combinado cunha contorna tranquila e cómoda. Esperámosche!