As rías son un dos elementos máis representativos da paisaxe de Galicia. A Ría de Arousa é a máis extensa de todas elas, onde a costa está ocupada por poboacións emblemáticas que debes visitar se tes ocasión. Grazas á súa situación, Padrón é un punto de partida perfecto para coñecelas. Dende o Grupo Hotel Scala propoñémosche un percorrido por catro localidades galegas singulares que forman parte deste conxunto.
Pontecesures
A nosa ruta comeza no antigamente chamado “Porto de Compostela”, a 10 minutos de Padrón. Este lugar é sobre todo coñecido pola ponte romana que lle dá nome e que une ambas marxes do río Ulla. A súa historia deixou numerosas pegadas en forma de petróglifos, castros, igrexas, pazos ou restos romanos.
Catoira
Esta localidade é moi coñecida polo seu pasado protagonizado por ataques viquingos. A raíz destes, foron construídas as Torres do Oeste, que poden observarse polos paseos que dan aceso á praia fluvial. A súa Romaría Viquinga, celebrada no mes de agosto e na que se escenifican estas invasións, foi declarada de Interese Turístico Internacional. O resto do ano tamén pódese vivir a experiencia de navegar nun barco viquingo.
Vilagarcía de Arousa
Un dos principais atractivos de Vilagarcía son o mar e as súas praias, todo rodeado de bonitos parques e espazos verdes. Mais este municipio pode presumir, ademais, dun rico pasado, que o dotou de numerosas construcións civís e relixiosas. Entre elas, encontramos preciosas igrexas e pazos, como o de Vista Alegre, o de Golpelleira ou o Pazo de Rubiáns, famoso polas súas camelias e viños. Non hai que esquecer, por suposto, a súa multitudinaria Festa da Auga, celebrada en agosto e que ten a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional.
Cambados
Rematamos o noso percorrido na capital do albariño. Percorrendo as súas rúas de granito e construcións únicas, entenderemos a razón do seu título de Ben de Interese Cultural. Non en balde, Cambados está repleto de pazos, museos e arquitectura eclesiástica. Non podedes deixar de visitar as Ruínas da antiga igrexa parroquial Santa Mariña Dozo, cubertas de lápidas. Un monumento moi singular que foi Monumento Nacional.
Se che deixamos con ganas de coñecer e desfrutar destas poboacións galegas únicas, o Grupo Hotel Scala é, sen dúbida, o lugar idóneo para iniciar esta inesquecible ruta. Reserva xa e goza dos nosos servizos. Esperámosche.