Situada nun val entre os ríos Sar e Ulla, Padrón é unha localidade na que a auga ten gran protagonismo. No Grupo Hotel Scala, convidámosche a descubrir varios lugares nos que poderás gozar deste líquido elemento.
Miradoiro do Monte Meda
Comezamos o noso percorrido a escasos quilómetros de Padrón, no Monte Meda. Desde aquí pódese observar de maneira única o río Ulla no seu tramo final e a súa unión á Ría de Arousa, alcanzando a vista ata as vilas próximas e a paraxes como as Torres do Oeste de Catoira. Unhas vistas preciosas de mar e río nunha contorna forestal inmellorable.
Pesqueiras do Ulla
Aproximándonos á vila, nas proximidades do convento de San Antonio de Herbón poderás coñecer a beiras do río Ulla as chamadas pesqueiras, construcións en pedra que se remontan á época romana e utilízanse para capturar as deliciosas e cotizadísimas lampreas. Padrón e a súa área de influencia son un dos pouquísimos lugares nos que aínda se atopan.
Paseo do Espolón
Unha vez en Padrón, non podemos deixar de mencionar o seu Paseo do Espolón, ás beiras do río Sar. Cos seus bancos de pedra e flanqueada polas estatuas de Rosalía de Castro e Camilo José Cela, farache gozar dun agradable paseo pola vila.
Área recreativa da Desembocadura Sar-Ulla
Seguindo o leito do río Sar, percorrendo uns dous quilómetros dende o centro da vila de Padrón, chegaremos a esta paraxe natural perfecta para gozar dun día de descanso. Este dispón dunha zona acondicionada con mesas, fontes, parque infantil, zona de aparcamento, unha senda peonil e un carril bici.
Tras este roteiro que che propoñemos, necesitarás o mellor dos descansos. Para iso, esperámosche en Hotel Scala. Grazas á nosa situación, seremos o punto de partida perfecto para a túa visita en Padrón. Se che gustou o plan, non dubides en chamarnos ao 981 811 312 e facer canto antes o teu reserva connosco.