Se queredes tremer cunha cea terriblemente boa e mover o esqueleto ao ritmo da música… Vide pasar Halloween connosco! No Grupo Hotel Scala celebramos a noite máis terrorífica do ano ao grande. Sacade as vosas vestimentas máis tenebrosas e gozade da gran festa que temos preparada para esta ocasión o sábado 2 de novembro.
Unha cea enmeigada
Aínda que vos custe crelo, non leva ningún feitizo!
Comezaremos cuns aperitivos para afiar os cabeiros, pero non pensedes que isto termina aquí. Atacaremos cos mellores pratos que che farán voar os miolos:
Non vos queremos matar de fame, tan só trátase de lagostinos á prancha e churrasco mixto á grella, un manxar fantasmal!
Para rematar, unha sobremesa espeluznantemente boa:
Esta tenebrosa pero deliciosa cea, irá bañada pola nosa mellor adega. Todo polo prezo de tan só 30€ por persoa.
Soan as campás... é hora da festa!
Chega a movida á sala e os teus ósos non poderán parar de bailar ao ritmo da música. Ademais, terás a nosa barra á túa disposición con prezos especiais durante a velada.
Para poder gozar ao máximo da festa sen preocupacións, convidámosvos a pasar esta noite de terror ao completo connosco. Por iso, poñemos ao voso alcance unha oferta especial de cea, aloxamento e almorzo por soamente 55€.
Se necesitas un cuarto individual, levará un suplemento de 15€. Se desexas gozar tamén do xantar, o prezo será de 15€ por persoa.
No caso de vir gozar do evento con nenos, estades de sorte. Os máis pequenos, ata 12 anos, teñen un 50% de desconto e un menú especial con pizza, milanesa e sobremesa.
No caso de querer ampliar a vosa estancia, poderedes reservar a habitación por 25 € a noite.
Ven a pasalo de medo connosco, estamos seguros de que non che arrepentirás. Esperámosche en Hotel Scala. Contacta connosco chamando ao 981 811 312 ou escríbenos un mail a hotel@hscala.com.