Achégase o 25 de xullo, día grande en Galicia por ser a festividade do seu patrón, Santiago Apóstolo. A cidade de Compostela xa está prepara para celebrar, como cada ano as súas festas. E é precisamente na noite do 24 ao 25 de xullo onde se produce o momento máis esperado de toda esta celebración: os fogos artificiais e o espectáculo audiovisual na praza do Obradoiro. No Hotel Scala descubrímosche os segredos dun dos días máis especiais do ano na capital de Galicia e animámoste a achegarte para contemplar en directo toda a súa maxia cando te aloxes connosco.
Sen dúbida é un dos días do ano nos que Santiago vólvese, se é posible, máis máxico. O bulicio das súas rúas, as atraccións, as actividades ao redor das festas,… Santiago engalánase para homenaxear ao seu patrón e como cada ano, ten preparado un espectáculo de luces en grao sumo especial. Ademais, durante todo o día sucédese todo un programa de actividades que farán que goces da festa desde o mediodía.
Os fogos artificiais iluminan Santiago da noite do 24 ao 25 nunha tradición que parece, provén xa do século XVI, cando a praza do Obradoiro era iluminada con velas de cores para marcar o inicio das festas. Nos séculos XVII e XVIII xa existía na praza un espectáculo de lume como tal que combinaba pirotecnia co que se coñecía como a “queima do castelo”.
Na actualidade o misticismo mestúrase con tecnoloxía para lograr sorprender cada ano aos miles de persoas que se congregan no Obradoiro para ver as imaxes que se proxectan na fachada do Pazo de Raxoi (por último ano, xa que en 2020 volverán ser na Catedral). As proxeccións narran a súa historia acompañadas por música e combinadas con impresionantes fogos artificiais, que iluminan a noite de Compostela e forman unha auténtica e efémera obra de arte. O noso consello é que se queres ver o espectáculo acudas con antelación á praza, escollas un bo sitio e prepáresche para gozar deste festival de luces, lumes e láser.
Se estás a desexar contemplar Santiago no seu día grande animámosche a reservar xa a túa estancia en Hotel Scala, a mellor opción para descubrir Compostela, gozando da tranquilidade da nosa localización, pero ao mesmo tempo situándote a pouco máis de 20 minutos en coche da cidade. Por suposto temos aparcadoiro gratuíto e todas as comodidades para que a túa viaxe sexa inesquecible. Reservamos xa a túa habitación para uns días máxicos?