Despois dunhas semanas de rodaxe no noso restaurante que utilizamos para perfeccionar e pechar cada detalle, por fin podemos mostrarvos o proxecto no que estivemos traballando nos últimos meses: Rescaldo, o novo menú degustación do Asador O'Pazo que é, ademais, moito máis que unha maneira de gozar das nosas creacións culinarias.
Presentamos, deste xeito, un menú composto por máis dunha decena de pases cunha particularidade que o fai único: todos os pratos de Rescaldo, desde os entrantes ata as sobremesas, prepáranse con mimo na nosa brasa baixo a man experta do noso, chef Óscar Vidal. Deste xeito todo o noso equipo, tanto de cociña como de sala, esforzouse para sintetizar nesta nova oferta toda a proposta gastronómica que fomos elaborando durante a última década en O'Pazo.
Para unha ocasión tan especial, a dirección do noso restaurante quixo redondear ao máximo a proposta e dar un paso máis, conviertiendo Rescaldo nun menú solidario. Así, cada vez que veñas degustar o noso menú estarás a colaborar coa campaña "Árbores de Cinza" na recuperación do bosque autóctono en Chandebrito, zona 0 dos incendios forestais que arrasaron Galicia en outubro de 2017.
O'Pazo e a asociación Galicia Ambiental, unidos polo bosque galego
En O'Pazo somos conscientes da importancia que ten o lume na nosa casa, imprescindible para preparar as brasas e elaborar cada un dos nosos pratos. Precisamente por iso escollemos un nome tan especial para o novo menú, composto polos termos "res", gando vacún,e "caldo", comida humilde e de moito sabor tradicional na nosa comunidade; que unidos dan lugar a un novo significado: rescaldo é o conxunto de pequenas brasas que permanencen resgardadas entre a cinza cando o lume se estingue.
Pero ademais, no Asador O'Pazo temos un desexo: que rescaldo sexa unha realidade só no noso restaurante e non nos montes e bosques de Galicia. Por iso, sumámonos á campaña "Árbores de Cinza" posta en marcha pola asociación Galicia Ambiental tras os incendios que arrasaron a nosa comunidade en 2017, á que doaremos unha porcentaxe por cada menú que sirvamos.
Desde o inicio da campaña, a iniciativa "Árbores de Cinza" conseguiu plantar xa máis de 2.000 novas árbores de especies autóctonas en Chandebrito, creando así o bautizado como "Bosque da Memoria" na localidade nigranesa considerada zona 0 do este desastre ambiental. Para 2019, o obxectivo é seguir aumentando esta cifra á vez que se ofrecen charlas e conferencias divulgativas en diferentes centros escolares da comunidade; e a estas dúas causas irá todo o recadado co noso menú Rescaldo.
Axúdasnos a plantar unha nova árbore? Reserva xa o teu menú Rescaldo no teléfono 981 811 507!