As súas Maxestades os Reis Meigos de Oriente encárganse, nunha noite sen descanso, de repartir ilusión. Debemos deixalos traballar sen presións. E, para iso, mentres esperas a súa chegada, por que non reúnes á túa familia e amigos e vés gozar dunha velada espectacular connosco?
A nosa primeira proposta é unha cea de gala, á altura da celebración que merece a noite máis máxica do ano. Nela non poderían faltar mariscos, peixes ou carnes que dan fama gastronómica á nosa terra ou o tradicional roscón de reis, polo que elaboramos este exquisito menú:
Poderás acompañar estes pratos cos mellores viños da nosa adega, refrescos e licores:
E todo isto... a un prezo de só 40 euros por persoa!
Que os Reis che pillen bailando!
Queres continuar a festa? Nós sabemos que vos portastes de fábula este 2018, polo que negociamos cos Reis Meigos e irse cedo á cama xa non é un requisito imprescindible para que vos deixen moitos agasallos. Así que, tras a cea, queda a gozar da actuación do Dúo Caché, cunha selección musical que cobre todos os gustos.
Goza sen preocupacións. Sabemos que é habitual que a festa se alongue e xa non apeteza volver a casa (ou non sexa conveniente). Por iso propoñémosche quedar no noso hotel e gozar dun almorzo buffet ao día seguinte por só 65 euros por persoa. E, se necesitas descanso ou mesmo despedir con calma estas festas do Nadal, poderás gozar dunha noite a maiores por 25€ por persoa.
A que esperas? Reserva xa e celebra a noite máis máxica do ano co Grupo Hotel Scala.