No Grupo Hotel Scala sabemos que, con decembro ao virar a esquina, achégase tamén un dos momentos do ano máis esperado por moitos traballadores: a cea de empresa. Para unha ocasión tan especial deseñamos varios menús de calidade que se adaptan a todos os equipos, para que poidades despreocuparvos de organizacións complicadas e dediquédesvos unicamente a gozar cos vosos compañeiros.
Pero para isto, o máis importante é que reservedes con antelación suficiente unha data que vos vinga ben a todos. No Scala propoñémosvos as seguintes:
Co día xa reservado toca escoller algún dos 3 menús especiais que configuramos para adaptarnos a todos os gustos, e que inclúen ademais os nosos viños Albariño “Pazo Arretén”, Mencía “D’Eli”, augas, refrescos, café e licores da casa:
Menú Especial
Prezo: 40 €/persoa
Menú nº1
Prezo: 44 €/persoa
Menú Nº2
Precio: 46 €/persona
Tras a cea… a noite non termina!
Despois da cea chega o momento de pasalo ben de verdade: que vos parece se un DJ de Play Discotecas Móviles pica no salón os mellores temas para vós? Tedes 3 horas, segundo aforamento, para mover o esqueleto e gozar das mellores copas a un prezo especial de 4 euros. E se vos apetece alongar un pouco máis aínda a noite, a festa continúa despois na nosa Discoteca Euro.
Tras a festa, descansa no Hotel Scala
Se a noite de alonga demasiado o mellor é non correr riscos, deixar o coche no noso amplo aparcadoiro gratuíto e quedar a descansar no Hotel Scala. Para iso, podedes escoller entre as seguintes opcións a prezos especiais e que inclúen almorzo buffet: cuarto individual por 35€, ou cuarto dobre por 45€.
Difícil atopar un plan máis completo! Lembrade que, aínda que temos moito espazo nos nosos salóns, as prazas son limitadas. Non esperedes a quedarvos sen sitio! Reservade canto antes a vosa cea de empresa co Hotel Scala no teléfono 981 811 312 ou no mail hotel@hscala.com.