Achégase a noite máis terrorífica do ano e no Grupo Hotel Scala queremos celebralo como mellor sabemos: cunha cea arrepiante e un baile… que vos fará tremer de medo! Apetécevos probar os nosos deliciosos cempés ou os mellores ósos afumados? Preparade vosas galas máis espantosas, desempoade os disfraces… e que dea comezo a festa!
Abrindo boca empezando cuns aperitivos suculentos:
Para cando a fame aperte de verdade, os nosos chefs xa terán listos uns pratos principais… que están de morte!
Pero tranquilos, non vos asustedes, só estamos a falar de lagostinos á prancha e churrasco mixto á grella! Ademais, tamén prepararemos unha sobremesa adaptada a unha velada tan especial:
E todo isto acompañado da nosa espectacular adega, por tan só 30 € por persoa!
E despois de cear… ímonos de festa!
E despois de acougar os ruxidos do estómago, haberá que empezar a ruxir na pista! Aos salóns do Scala chegarán os nosos amigos de Play Discotecas Móbiles cun DJ listo para picar os mellores temas e facernos menear o esqueleto. Ademais, teremos preparada a nosa barra cos mellores licores a prezos especiais. Quen dá máis?
Noite terrorífica, só no noso hotel
Queremos que pasedes unha noite de Halloween terrorífica, pero só no noso hotel! Por iso recomendámosvos deixar o coche aparcado no noso parking privado e reservar unha habitación para pasar a noite sen riscos despois da festa. Para iso, ofrecemos aos nosos clientes unha oferta especial: cea, aloxamento e almorzo buffet por tan só 55 €. O suplemento de cuarto individual terá un prezo 10 €, e para os que prefiran descansar toda a mañá, a comida do día 1 de novembro custará 15 € por persoa.
Se ademais es dos afortunados que teñen días libres tras o festivo e queres quedarche uns días no noso hotel, podes reservar cada noite adicional por 25 €. E se vés gozar do evento con nenos, non te preocupes! Os peques da casa, ata 12 anos, teñen un 50% de desconto e un menú especial con pizza, milanesa e sobremesa.
Ocórreseche un plan mellor para Halloween que o que che propoñemos? Estamos seguros que non, polo que só tes que darche présa e reservar a túa praza para o evento… antes de que se acaben! Chámanos ao 981 811 312 ou escríbenos un mail a hotel@hscala.com. Esperámosvos!