Unha voda non é un evento calquera: é o día máis esperado e especial na vida dos noivos. Nun momento tan importante (e por que non dicilo, de tantos nervios) é fundamental que as parellas se rodeen de bos profesionais para que só teñan que preocuparse de desfrutar do día cos seus familiares, amigos e seres queridos. No Grupo Hotel Scala somos expertos nestas celebracións, e estaremos encantados de axudarvos a crear recordos indelebles en calquera dos nosos espazos. ¿Queres saber máis?
Cerimonia de ensoño no pazo de Rosalía de Castro
O noso Pazo Arretén, un edificio de século XVI no que naceu a poetisa Rosalía de Castro, é o lugar perfecto para festexar unha voda que nin os noivos nin os seus convidados poderán esquecer. Conta cunha praza empedrada rodeada de palmeiras perfecta para a celebración de cerimonias civís, unha gran escalinata para a entrada da noiva, unha capela con centos de anos de historia e unha impresionante paisaxe rodeada de viñedos, laranxos, fontes e galerías. Imaxínasche como quedarían as vosas fotos nun sitio como este?
Deliciosos petiscos nos xardíns do Asador O’Pazo
Finalizada a cerimonia propoñémosvos trasladarvos aos xardíns do noso Asador O’Pazo, onde teremos todo a punto para que os invitados gocen de deliciosos petiscos e snacks mentres os noivos están na sesión fotográfica. Decoración personalizada ao voso gusto, produtos de alta calidade e unha coidada selección de bebidas premium nunha contorna íntima, agradable e cun amplo aparcadoiro para vehículos e autobuses. Pódese pedir máis?
Un banquete de altura no Hotel Scala
Cando se rematen os petiscos, os invitados só terán que avanzar uns metros para acceder ao banquete no Hotel Scala. Non vos preocupedes polo espazo! Nos nosos salóns podemos acoller ata a 2.500 persoas, polo que non importa o numerosa que sexa a vosa familia… temos sitio para todos! Vos encartará o menú elaborado ao voso gusto con mariscos e peixes das Rías Baixas, a mellor gandería galega e produtos locais de alta calidade procedentes da horta de Padrón; pero tamén do que virá despois: barra libre, mesa doce e un amplo espazo para bailar ao ritmo dos DJ’ s, tanto no propio salón como na nosa discoteca Euro. Todos a divertirse!
Pero ademais, dispoñemos de 203 acolledoras habitacións nas que poderedes aloxar comodamente aos invitados, e un delicioso almorzo buffet co que gozarán despois dunha noite tan divertida e máxica.
Están a entrarvos ganas de casarvos connosco? Podedes consultar dispoñibilidade e orzamentos no teléfono 981 811 312 ou no mail eventos@hscala.com: o noso equipo de profesionais estará encantados de axudarvos!