No Grupo Hotel Scala queremos que esteades decatados dos mellores plans na nosa vila e por iso convidámosvos a descubrir o evento “Saborea Padrón”, unhas xornadas gastronómicas que se celebran os próximos días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de outubro e que van xa pola súa oitava edición. Con ganas dun fin de semana gastro? Reserva no noso hotel… e non cho perdas!
10 locais, 10 tapas para chuparse os dedos
Non hai dúbida de que o Camiño de Santiago e a gastronomía son dous dos principais atractivos da nosa zona e, se isto é así… por que non unilos? A nova edición das xornadas gastronómicas #SaboreaPadrón, nas que participan 10 locais hostaleiros do centro da vila, permitirá degustar tapas en grao sumo innovadoras coa temática da ruta xacobea, que será o fío condutor. “A última e-tapa”, “Ou repouso de Pelegrín”, “O toural” ou “A barquiña de pedra” son só algúns dos nomes destes deliciosos petiscos. Non te quedes sen probalos!
Gozar das tapas ten premio!
Pero as vantaxes do Saborea Padrón non se limitan só a gozar da variedade de petiscos: tamén hai premios! Para optar a eles só tes que recoller, na oficina de turismo de Padrón ou en calquera dos establecementos participantes, os pasaportes desta edición do evento, que cada local sela cando consumes a súa tapa, e elixir a túa favorita. Con tan só tres credenciais xa podes participar, pero se probas todas as tapas… podes gañar unha excursión a diferentes puntos de Galicia!
Fin de semana redondo, co Grupo Hotel Scala
E para pechar un fin de semana redondo, que mellor que uns días de desconexión co Grupo Hotel Scala? Se es un auténtico gourmet e quedácheste con ganas de máis tras o Saborea Padrón, podes pasarte a probar algunhas das creacións do chef Óscar Vidal no noso Asador O’Pazo ou reservar a nosa Experiencia Galicia no hotel con dúas noites de aloxamento en cuarto dobre, almorzo buffet e cea mariscada.
Ocórreseche un plan mellor? Fai a túa reserva no mail hotel@hscala.com ou por teléfono no 981 811 312: esperámoste!