O Grupo Hotel Scala de Padrón sempre organiza unha festa incrible en Noitevella, a mellor noite do ano. Este ano 2018 pretendemos superar ao anterior ofrecéndovos todo aquilo que merece un día tan especial Queremos que pasedes unha experiencia inesquecible connosco! Como o imos a facer? Cun menú espectacular, como sempre, con produtos galegos de calidade: reunimos os mellores ingredientes do mar e da terra. Acompañámolos cunha gran selección de viños, seleccionados exclusivamente de nosa propia Adega Pazo Arretén para os padais máis esixentes. Se a todo isto sumámoslle unha marabillosa festa con barra libre ata que salga o sol temos por resultado algo máxico.
Para iso, preparamos o mellor menú do ano para deixar atrás este ano e coller forzas para os novos propósitos do 2019:
O prezo, tamén o mellor: 115 euros por persoa.
Unha noite diferente, tamén para os nenos
Ademais, para os máis pequenos temos unha oferta especial Os menores de 12 anos contan cun desconto do 50 %! Tamén terán un menú deseñado especificamente para eles:
Unha festa de escándalo tras as badaladas
Este ano non nos imos a atragoar coas uvas, imos facer con música e baile. Despois da cea, vén o mellor para abrir o 2019. Axudaranos orquestra Dúo “Caché”, que amenizará a noite e encheranos a todos de maxia. Organizamos unha gran barra libre: ofrecemos GinTonic Premium, pasteis variados, fondue de chocolate, espetada de froitas, carriño de lambetadas, un buffet de frío e, como non, o clásico chocolate con churros. Con todo isto vai ser imposible non deixar atrás o malo do 2018.
Un brinde e unha noite glamorosa por diante
Estamos a falar da festa do ano e o Grupo Hotel Scala traballa para iso. Para tanto movemento e desenfreos, dispoñemos dunha oferta aínda máis impresionante para que quededes no noso Hotel: Cea Gala, aloxamento e almorzo por 155 euros. Tamén podedes optar por un excelente xantar para o primeiro día do ano por 15 euros máis.
E se aínda estades moi cansos, ofrecemos tamén unha noite adicional por 25 euros Que pode fallar? Non dubides en elixirnos para que fagamos da Noitevella, a túa Noitevella Témolo todo listo! Non dubides en facer a túa reserva.