O vindeiro sábado 27 de febreiro, no ?Restaurante? do Hotel Scala, celebraremos o Día Internacional do Cocido. Apúntasche?
Sen haber ter apenas tempo de terminar os turrones e abrir os agasallos, tocounos despedirnos dos Nadais e comezar un novo ano incerto e cargado de incógnitas, aínda que tamén de oportunidades, festas e celebracións. E é que xa se empezan a contar os días para a próxima gran festa deste 2016, o entroido. A medida que xaneiro avanza, o branco da neve navideña vaise fundindo e deixa ao descuberto a gran variedade de cores cos que se tinguirán os disfraces da festa máis gamberra do ano.
Entramos na recta final da gastronomía de Nadal coa celebración de Reis. Malia que xa deixamos atrás os días de comidas máis copiosas e de que o marisco e as carnes sexan os protagonistas na mesa, o día de Reis é a última festa dos Nadais e está dedicada aos máis pequenos da casa. Por esta razón, son os doces e as sobremesas onde poñemos a atención desde a véspera do seis de xaneiro e durante toda a xornada da Epifanía do Señor.
O Grupo Scala despide 2015 ao grande. Preparamos un menú espectacular para dicir adeus aos últimos doce meses: ides atopar varios pratos con ingredientes populares galegos, carta de viños coas botellas máis significativas do grupo Scala e festa ata o amencer para comezar pronto trasla última campá do 2015.
O vermú atravesou unha tempada na que quedou no cornecho entre as moitas e exóticas propostas que chegaban á coctelería pero desde fai algún tempo volve para reivindicarse como momento de encontro e campo de experimentación culinaria e o maridaxe. O vello viño aromático, ao que os antigos gregos atribuían propiedades antisépticas, coñece unha época de expansión, con propostas que nacen fóra dos circuítos multinacionais; vermús feitos desde Galicia, con materia prima galega e con vontade internacional, como o vermú St. Petroni, feito a base de albariño sobre leas, que demostrou ser unha excelente opción para a creatividade culinaria da man dos mestres cociñeiros do Asador O'Pazo.