O cocido únenos e queremos demostrarllo ao mundo!
Comeza a conta atrás para a celebración do Día Internacional do Cocido.
O vindeiro sábado, día 27 de Febreiro, terá lugar uno dos acontecementos máis esperados polos amantes do cocido e a gastronomía tradicional española.
O Día Internacional do Cocido, ou "Cocido Day", é un evento no que un grupo de comensais, encabezados por un "Cocido Leader", séntanse á mesa para gozar dun bo cocido. Ao mesmo tempo, estes comparten fotos, comentarios e impresións a través das redes sociais e dos medios 2.0, para tentar que o cocido sexa "trending topic".
O obxectivo principal é dar visibilidade, e que se fale do cocido a nivel nacional e internacional:
Que todo o mundo se decate do bo que está o cocido e o moito que nos gusta!
Por iso, no Grupo Hotel Scala, este ano quixemos apuntarnos á terceira edición deste Día Internacional do Cocido. Cunha selección das nosas mellores carnes e dos produtos naturais da horta de Padrón, elaboramos un cocido saboroso e de gran calidade que pensamos que ten moito que contar ao mundo.
Ademais, pensamos que non hai mellor forma de acompañalo que cunhas boas orellas, unhas ricas filloas, e nun ambiente próximo rodeado dos teus para que te sintas como na casa.
Así que Non o esquezas! O vindeiro sábado 27 de febreiro, no restaurante do Hotel Scala, achégache a Padrón a gozar dun bo cocido connosco.
Se decides apuntarche, non esperes a que sexa demasiado tarde e reserva canto antes unha mesa.
Estarémosche a esperar!
Tlf: 981 811 312