Por fin estamos ás portas dun dos mellores meses do ano: decembro. Época de festas, de descanso e de escapadas. Se tes a sorte de poder gozar dunhas pequenas vacacións durante a ponte de decembro, desde o Grupo Hotel Scala propoñémosche o mellor plan en Padrón.
O nadal está ao virar a esquina, e con ela achégase o momento do ano no que toca reunirse cos teus: ceas en familia, con amigos ou de empresa. A escusa perfecta para gozar dunha cea de 10 na mellor compañía.
No Grupo Hotel Scala queremos poñercho fácil e dámosche todo listo para que a vosa noite de celebración sexa inesquecible. Non sabes onde nin como organizar a túa cea de nadal? Dedícache só a gozar e escolle un dos nosos completos menús de primeira calidade.
No Grupo Hotel Scala sabemos que, con decembro ao virar a esquina, achégase tamén un dos momentos do ano máis esperado por moitos traballadores: a cea de empresa. Para unha ocasión tan especial deseñamos varios menús de calidade que se adaptan a todos os equipos, para que poidades despreocuparvos de organizacións complicadas e dediquédesvos unicamente a gozar cos vosos compañeiros.
Achégase a noite máis terrorífica do ano e no Grupo Hotel Scala queremos celebralo como mellor sabemos: cunha cea arrepiante e un baile… que vos fará tremer de medo! Apetécevos probar os nosos deliciosos cempés ou os mellores ósos afumados? Preparade vosas galas máis espantosas, desempoade os disfraces… e que dea comezo a festa!
No Grupo Hotel Scala queremos que esteades decatados dos mellores plans na nosa vila e por iso convidámosvos a descubrir o evento “Saborea Padrón”, unhas xornadas gastronómicas que se celebran os próximos días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de outubro e que van xa pola súa oitava edición. Con ganas dun fin de semana gastro? Reserva no noso hotel… e non cho perdas!
Co cinco de xaneiro ao virar a esquina, é tempo de organizar a noite máis máxica do ano, a dos Reis Magos. E para poñercho moi fácil, no Grupo Hotel Scala preparamos unha Cea de Galapara que o teu único deber sexa gozar con familia e amigos. Se o que buscas é pasar unha sorprendente velada nun ambiente acolledor mentres gozas o mellor da gastronomía galega, nosa cea de Reyes é para ti!
Chega decembro e con el acábanllenos as follas do calendario. E non poderiamos ter máis ganas de comezar o de 2018. Con tantas pontes, festivos e celebracións a tan só uns minutos do noso hotel, ¿como non imos estar emocionados? Dende o Grupo Hotel Scala recompilamos para ti as mellores datas para organizar as túas vacacións e gozar das marabillosas habitacións do noso hotel.