Coa chegada do bo tempo e o verán; o mar, as piscinas e os ríos convértense nos protagonistas indiscutibles de Galicia. En Padrón, temos a sorte de contar cun dos ríos máis importantes e que maior variedade de actividades ofrece en Galicia, o río Ulla.
Hoxe, desde o noso blogue, decidimos facer unha selección de actividades para todos aqueles que queiran gozar das súas augas desde diferentes perspectivas.
Desde os fogóns do restaurante Scala, queremos ofrecerche unha selección dos mellores sabores da tempada de primavera, recompilados nun menú especial preparado con todo o noso agarimo para celebrar este día tan especial. O menú, elaborado para a ocasión, consta de dous exquisitos entrantes, un delicioso prato principal (á túa elección) e unha elaborada sobremesa (bebida e café incluídos). E todo isto por tan só 35 euros por persoa!
Desde o Asador O´Pazo queremos dar a benvida á primavera cun cambio de carta adaptado ós produtos de tempada da nosa terra galega. Déixate seducir por un novo menú creado con esmero e mimo polo noso chef Óscar Vidal, que deleitará todos e cada un dos teus sentidos sexas de mar ou de montaña. Aquí no noso asador, hai sitio para tódolos gustos!
Só quedan uns días para que arrinque o entroido, unha das festas máis esperadas do ano. No Grupo Hotel Scala queremos que, nestes días de cor e diversión, só teñades que dedicarvos a gozar coa familia ou os amigos, e para iso organizamos unha velada moi festeira para o sábado 24 de febreiro.
Aos que lles gusta e probaron algunha vez unha boa lamprea, saben que hai poucos sitios como Padrón para gozala. Como che contabamos no noso último post sobre este prato milenario, a situación da comarca respecto ao río Ulla é privilexiada e imprescindible para a adquisición dos mellores exemplares.