Coa chegada do bo tempo e o verán; o mar, as piscinas e os ríos convértense nos protagonistas indiscutibles de Galicia. En Padrón, temos a sorte de contar cun dos ríos máis importantes e que maior variedade de actividades ofrece en Galicia, o río Ulla.
Hoxe, desde o noso blogue, decidimos facer unha selección de actividades para todos aqueles que queiran gozar das súas augas desde diferentes perspectivas.
Os sabores do río Ulla
Para os amantes da pesca temos boas noticias, do 1 ao 31 de marzo ábrese a tempada de pesca! O río Ulla é un dos dous únicos caudais da zona denominado "río salmonero". Conta con seis cotos de pesca de salmón: Ximonde, Sinde, Pontevea, Santeles, Couso e Gres-Deza (estes dous últimos, de pesca sen morte) e tamén con amplas zonas de pesca libre e diferentes cotos, para os cales se necesita un permiso. As principais especies que se capturan neste caso son troita, reos e zamborcas.
Pero non podemos falar de pesca no río Ulla, sen mencionar as milenarias pesqueiras onde se captura de maneira tradicional-artesanal o produto estrela destas augas: a lamprea.
Auga e adrenalina
Aqueles que gozan coas emocións fortes e o do turismo de aventura, tamén teñen o seu sitio no río Ulla. Este longo e caudaloso curso alberga unha infinidade de actividades multiaventura das que podes gozar de maneira individual ou colectiva, contratando os servizos dunha empresa privada ou por ti mesmo. Algunhas das máis divertidas son: Hidrospeed (descenso do río tombado sobre unha táboa de plático e propulsado por aletas), tiro con arco, tirolina, rappel, rafting, kayak para 1,2 e ata 3 persoas e mesmo puenting nas pontes de Barcala , Sinde, e Carcacía. Se che van as emocións fortes, non cho perdas!
Tranquilidade e natureza
Para os que prefiran un plan máis relaxado, a praia fluvial de "O Areeiro" é un sitio ideal para pasar unha tarde tranquila. A uns 10 minutos en coche desde o noso hotel, nesta preciosa zona pódese gozar non só dun refrescante baño ou unha boa sesta á sombra das árbores, senón tamén dunha boa comida entre amigos ou familiares, xa que conta cun espazo habilitado para merendero e grelladas.
Sendeirismo e boas vistas
E para os máis deportistas, ao longo de todo o río poden atoparse diferentes rutas nas que, ademais dunha boa camiñada, mestúranse tamén a cultura, a natureza e a arte da nosa zona. Recomendamos a ruta "Segredos do Ulla-Sar", que termina coa subida ao Miradoiro de Monte de Meda, o mellor lugar para divisar o fin do Ulla e o comezo da Ría de Arousa!
Se che apetece vir coñecer todas as posibilidades que ofrece un dos nosos dous ríos, non esperes máis e reserva a túa estancia no Hotel Scala!