Os amantes do cocido estamos de celebración: a cuarta edición do Codido Day regresa ao Hotel Scala! Este sábado 11 de marzo volvemos participar, desde os salóns do noso restaurante Scala en Padrón, neste evento que xa se consolidou a nivel internacional. O obxectivo? Dar visibilidade a unha das estrelas da nosa gastronomía e volver conseguir, un ano máis, que o cocido sexa trending topic mundial en Twitter.
Para conseguilo, un selecto grupo de comensais do mundo do turismo, a blogósfera e o xornalismo gastronómico sentarán xuntos nunha mesa encabezada polo "Cocido Leader", onde probarán as nosas mellores receitas e comentarán as súas impresións nas redes sociais. Estes son algúns dos invitados que nos acompañarán nesta edición:
Un menú de excepción para o Día Internacional do Cocido
O cocido é unha das estrelas do Grupo Hotel Scala, e quixemos renderlle unha homenaxe especial neste Día Internacional do Cocido preparando un menú de excepción, elaborado coas mellores carnes e unha selección das verduras e hortalizas da horta padronesa:
Se ti tamén queres engrandecer o produto gastronómico galego por excelencia e acompañar cos teus comentarios nas redes sociais a estes profesionais, ven a pasar o día grande do cocido connosco!
Podes facer o teu reserva no teléfono 981 811 312 ou escribirnos un correo electrónico a hotel@hscala.com. Quedan moi poucos días, así que date présa? e goza do Cocido Day no Hotel Scala!