Quedan tan só 3 días para o Día da Nai aínda non sabes que regalarlle? No Restaurante Hotel Scala poñémoscho moi fácil co noso menú especial. Ven a gozar deste día en Padrón xunto á persoa que máis merece ser consentida!
Desde os fogóns do restaurante Scala, queremos ofrecerche unha selección dos mellores sabores da tempada de primavera, recompilados nun menú especial preparado con todo o noso agarimo para celebrar este día tan especial. O menú, elaborado para a ocasión, consta de dous exquisitos entrantes, un delicioso prato principal (á túa elección) e unha elaborada sobremesa (bebida e café incluídos). E todo isto por tan só 35 euros por persoa!
Entrantes:
-Ensalada de cogollos e vinagreta de xamón ibérico.
-Gambons con crujiente de millo
Prato principal (a elixir):
-Carrilleras de porco ibérico ao Pedro Ximénez
Ou
-Rape en salsa verde con berberechos da ría
Sobremesa da casa
Pódese pedir máis? Pois aínda temos sorpresas!
Durante todo o día, a Asociación Cultural "Terras de Rosalía" celebrará a V Xuntanaza de palillos e labores artesanais no Hotel Scala. Unha xornada na que palilleras, bordadoras e laboreras de toda España farán diferentes demostracións do seu traballo nos nosos salóns.
O evento prolongarase desde as 10 da mañá ata as 7 e media da tarde, e contará cun sorteo e entrega de premios como fin de festa. Se queres pasar un Día da Nai especial, empápache de cultura, traballo e experiencias da man destas traballadoras de todas as comunidades do noso país!
Vide desconectar connosco
Como no Hotel Scala sempre pensamos en ti, queremos axudarche a completar o teu agasallo, tras a comida e a visita á xornada de labores, cunha gran oferta de fin de semana: Gozade dos nosos delicioso almorzos buffet, descansade nunha espléndida habitación dobre e relaxarvos nas instalacións do Scala durante 2 días, por tan só 110 euros!
Ocórreseche un plan mellor? Non o pensas máis e ven a celebra o Día da Nai no Hotel Scala!