O 5 de xaneiro é o día da ilusión: xa chegan os Reis! No Grupo Hotel Scala estamos preparados para darlles a benvida ao grande, desde Padrón, cunha Cea de Gala moi especial. Por iso, aínda que os Magos de Oriente non adoitan errar, se che apetece asegurarte e auto regalarte un momento para gozar coa túa familia: este é o teu plan!
Para que non pases fame mentres esperas a súa chegada, elaboramos un menú de alta calidade, cos mellores produtos do mar e a terra cociñados con mimo para ti. Estes son os pratos que imos degustar:
Estes pratos estarán maridados, ademais, cunha selección dos mellores caldos da nosa adega, así como por refrescos e licores:
Todo isto, a un prezo de só 38 euros por persoa.
E se esperamos aos Reis... bailando?
A tradición di que na Noite de Reis todos debemos irnos cedo para cama e durmir profundamente ata pola mañá, cando os agasallos están xa baixo a árbore. Aínda así, no Hotel Scala fomos tan bos este ano que estamos seguros de que os Magos nos perdoarán se trasnoitamos un pouco.
Por iso, todos os valentes que celebren a Cea de Gala connosco poderán gozar dunha velada amenizada pola música do Dúo Caché.
Se a festa se alonga e decides quedarche a durmir e abrir os agasallos pola tarde, podes aloxarche e almorzar no noso hotel por só 63 euros por persoa. Ademais, tamén podes xantar connosco por 15 euros. E como o día 6 é festivo e cae en venres, sempre podes gozar duns días diferentes e alongar a túa estancia connosco por 25 euros por persoa e día.
Non o penses máis e dálle a benvida aos Reis co Grupo Hotel Scala!