Aos que lles gusta e probaron algunha vez unha boa lamprea, saben que hai poucos sitios como Padrón para gozala. Como che contabamos no noso último post sobre este prato milenario, a situación da comarca respecto ao río Ulla é privilexiada e imprescindible para a adquisición dos mellores exemplares.
Con motivo da crecente celebridade deste prato, Turismo de Galicia está a promover este ano a denominada Ruta da Lamprea. Un percorrido polas diferentes zonas e ríos onde a pesca e elaboración da lamprea pasan cada ano á orde do día por estas datas. Na proposta, sinálanse os puntos con cultura máis lampreeira ao longo das ribeiras do río Tambre, do Miño, e como non, do Ulla.
O río Ulla leva convivindo desde fai miles de anos con este prehistórico animal, grazas entre outras cousas á abundancia de salmón e troita nas súas augas. Foron os romanos quen construíu as primeiras estruturas adaptadas para a súa pesca (denominadas pesqueiras) e que aínda continúan sendo utilizadas a día de hoxe. Trátase dun dos puntos incluídos no percorrido de Padrón, que tamén pasa por lugares emblemáticos desta vila medieval, como o Convento franciscano de Santo Antonio de Herbón, o robledal centenario, e as verdes plantacións de pementos de Herbón. Precisamente dise que foron os monxes deste convento, os que introduciron os famosos pementos traídos de América e empezáronos a cultivar nesta terra.
Lamprea, pementos... non se che fai a boca auga? Na Ruta da lamprea tamén se fai referencia a unha selección dos mellores restaurantes onde gozar deste saboroso prato, entre os que se inclúe o Asador O'Pazo. En O'Pazo, celebramos cada ano as xornadas da lamprea, nas que o noso chef Óscar Vidal elabora diferentes receitas para o deleite dos seus comensais. Entre as súas especialidades, destacan a mítica lamprea á bordelesa, a lamprea á brasa con bacon caramelizado e xema de ovo, e sobre puré de tubérculos e vinagreta de froitas e verduras. Ademais desta, no restaurante Asador O'Pazo tamén poderás gozar doutras receitas preparadas a partir de produtos e especialidades de Galicia, como os pementos, carnes de tenreira, mariscos ou peixes das nosas rías.
Descobre o verdadeiro sabor da lamprea en Padrón estarémosche esperando!
Podes consultar máis información sobre a ruta da lamprea nesta ligazón.