Só quedan uns días para que arrinque o entroido, unha das festas máis esperadas do ano. No Grupo Hotel Scala queremos que, nestes días de cor e diversión, só teñades que dedicarvos a gozar coa familia ou os amigos, e para iso organizamos unha velada moi festeira para o sábado 24 de febreiro.
Despois do esforzo por preparar o mellor disfrace, os complementos, a perruca e a maquillaxe é normal que aperte a fame, así que no Restaurante Scala confeccionamos un menú especial con todos os pratos indispensables que non poden faltar nunha boa cea de entroido:
E como sobremesa, as delicias reposteiras desta época:
Ademais, toda a cea estará maridada cunha selección das mellores bebidas e viños da nosa adega:
E todo isto, por tan só 45 € por persoa.
E despois de cear? Que comece a festa!
Co estómago cheo, xa estaremos listos para que empece a festa. Aos salóns do Scala chegarán un dúo e unha orquestra para animar a velada, mentres gozades dos mellores licores da nosa barra libre.
E como nunca se sabe de que maneira pode acabar unha festa de entroido, convidámosvos a que sexades previsores e quededes a pasar a noite no Hotel Scala. Se aproveitades a nosa oferta especial, poderedes durmir e almorzar connosco por 75 € por persoa.
Se a noite foi demasiado longa e queredes tomarvos o domingo con calma, e sobre todo recargar pilas para todos os días de festa que se aveciñan, podedes comer no noso restaurante por 13 € por persoa. E se ademais tedes a sorte de coller vacacións o luns e martes de entroido, cada noite adicional no noso hotel custaravos tan só 25 €.
Ocórresevos un plan mellor? Fai xa a túa reserva no teléfono 981 811 312 e ven a gozar do mellor entroido, en Padrón, co Grupo Hotel Scala!