Este 2017 San Valentín cae en martes, pero no Grupo Hotel Scala preparamos todo para que non te quedes sen celebralo. Escápate connosco e goza do fin de semana máis romántico do ano!
Padrón é un lugar máxico para gozar do día dos namorados. Pasear polos súas rúas empedradas e tomar algo nunha das súas prazas é sempre unha boa opción, pero se queres planear coa túa parella algo máis especial, tamén hai moitas opcións que poden sorprenderche.
O xardín botánico máis romántico
Unha das xoias da capital do Sar é, sen dúbida, o seu xardín botánico. Considerado un dos máis antigos de España, este espazo dunha hectárea fundado en 1946 está declarado como Ben de Interese Cultural. Cun deseño afrancesado, cheo de labirintos e flores, o xardín está repleto de exemplares relacionados coa literatura e a cultural de Galicia: a centenaria sequoia de Rosalía, baixo a que a poetisa escribiu moitas das súas obras; o boj do Nóbel, en recordo a Camilo Jose Cela, ou a xigantesca palmeira de Senegal. Pero se hai un elemento especial, ese é a árbore do amor: con forma de coroa circular, a tradición di que as parellas que se introducen xuntas dentro das súas ramas espinadas, permanecerás unidas para sempre.
Un recuncho especial: o Banco dos Namorados
En este mesmo xardín, moi preto da estatua en honra a Macías ou Namorado -un trobador padróns que se converteu en lenda por unha tráxica historia de amor- atópase o Banco dos Namorados, un recuncho moi especial. Desde a inauguración do xardín, as parellas da zona dábanse cita nun modesto banco situado no lugar que, co tempo, alguén retirou. Anos despois, unha iniciativa popular propúxose recuperalo, e un escultor da zona realizou unha talla de madeira que devolveu ao asento a súa popularidade. Pero non era suficiente: os locais querían que, esta vez si, o recuncho máis romántico da vila perdurase no tempo, e realizouse unha colecta entre os veciños para poder construír o banco en bronce. A obra inaugurouse o 14 de febreiro de 2011, e desde entón, pasar un intre alí cando se achega San Valentín converteuse en toda unha tradición.
Unha cea apaixonada, no Hotel Scala
Se despois de empaparvos da beleza do xardín botánico apetécevos cear, no Hotel Scala preparamos, para a noite do sábado 11 de febreiro, un menú especial digno dos máis fieis seguidores de Cupido.
A nosa cea de San Valentín estará composta polos seguintes pratos:
Para maridar o menú temos preparadas, ademais, as mellores bebidas da nosa adega:
A cea, para a que xa se pode reservar praza no teléfono 981 811 312 ou o email eventos@hscala.com, ten un prezo de 38 euros por persoa e inclúe, ademais, a entrada á nosa Discoteca Euro. Pero ademais, para que ti e a túa parella poidades gozar dun fin de semana diferente, preparamos unha oferta especial: cea, noite no noso hotel e almorzo buffet, por tan só 68 euros.
¡Reserva canto antes e non te quedes sen o mellor plan para San Valentin!: unha escapada romántica, en Padrón, da man do Grupo Hotel Scala.