Nesta época do ano, Galicia loce as súas mellores galas e empápase do espírito do Nadaldeixando estampas ás que nin o mismísimo Grinch podería resistirse. Xa vos falamos dos plans do Nadal dos que podedes gozar por toda a zona máis próxima ao Scala, pero Padrón tamén é o punto de partida perfecto para coñecer o resto de Galicia e, por tanto, o seu máxico nadal.
Por fin estamos ás portas dun dos mellores meses do ano: decembro. Época de festas, de descanso e de escapadas. Se tes a sorte de poder gozar dunhas pequenas vacacións durante a ponte de decembro, desde o Grupo Hotel Scala propoñémosche o mellor plan en Padrón.
Aínda que Padrón é enormemente coñecido por ser capital do último tramo do Camiño Portugués, moitos non saben que é tamén orixe do Xacobeo. Precisamente para poñer en valor os recursos xacobeos da vila e a súa importancia na historia do Camiño naceu a Pedronía, un novo itinerario que permite coñecer un pouco máis da nosa historia. No Grupo Hotel Scala contámosvola e convidámosvos a facervos con esta credencial!
As vacacións de Semana Santa achéganse e seguro que estás desexando tomarte ese merecido descanso e gozar das festas propias destas datas. Por iso, desde o Grupo Hotel Scalaqueremos animarche a vivir a Semana Santa e a Pascua de Padrón, co centro da festa a poucos minutos do noso Hotel Scala pero o suficientemente apartado para que poidas descansar. Padrón é coñecido por contar cunhas festividades especialmente longas, que se compoñen de festexos con orquestras, actuacións e atraccións de feira, así como con actos relixiosos e eventos deportivos. Queres saber máis sobre a Pascua e Pascuilla padronesa? Segue lendo!
A un paso do Grupo Hotel Scala atópase Padrón, unha vila coñecida por ser un lugar cheo de literatura. En Padrón viviu os seus últimos anos a soada poetisa do Rexurdimento Galego, Rosalía de Castro. Hoxe, a que foi a súa casa converteuse nun museo que debes visitar se vés a coñecernos, e máis desde que a fundación puxo tanto esforzo e agarimo na súa remodelación e renovación. Listo para coñecer o mellor de Rosalía?
Chega decembro e con el acábanllenos as follas do calendario. E non poderiamos ter máis ganas de comezar o de 2018. Con tantas pontes, festivos e celebracións a tan só uns minutos do noso hotel, ¿como non imos estar emocionados? Dende o Grupo Hotel Scala recompilamos para ti as mellores datas para organizar as túas vacacións e gozar das marabillosas habitacións do noso hotel.
A ponte de decembro chega xunto no momento ideal para desconectar antes da época do Nadal. Aproveita estes días libres para recuperar enerxías e desfrutar da gran oferta de actividades que propoñen Padrón e Santiago nestas fechas. Tanto como se queres vir de retiro espiritual como se prefires pasar un fin de semana en familia, no Grupo Hotel Scala estaremos encantados de recibirte do 5 ao 10 de decembro.